GALLEGO
A GAITA GALLEGA
Estado: DE 2ª MANO (MUY BUENO)
Vendido por Brand New Used Books
Sólo disponible de otros vendedores
Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 190,00 €
Tiempo est. de lectura: 10h 30m
Descubre por qué Murdoku es el libro más viral
Sinopsis
A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis é o primeiro libro en galego -aínda que contén textos en castelán- publicado por un autor da xeración dos Precursores. A gaita gallega foi editada por entregas ao longo do ano 1853 pola imprenta de D. José y D. Primitivo Vilas de Pontevedra e constitúe o libro fundacional do Rexurdimento e mesmo a obra programática deste movemento. Estructurada en sete foliadas de extensión desigual, a parte principal da obra está constituída polo diálogo entre dous personaxes, o tamborileiro Pedro Luces, un mozo de orixe castelá, e o gaiteiro que vive no Burgo pequeno, barrio da cidade de Pontevedra. Por medio deste diálogo, Pintos amosa, entre outros aspectos, unha descrición fiable da situación económica e social de Galicia, en especial de Pontevedra e do contexto sociolingüístico do idioma, a carón dun conxunto de exhortacións dirixidas á propia sociedade co obxectivo de modificala. O tema central da obra e o seu obxectivo primeiro é a defensa de Galicia e, como consecuencia, a reivindicación e a defensa dos seus costumes, dos seus lugares, das súas xentes e, por suposto, da súa lingua. A crítica aos comportamentos que provocan o estancamento do país, a presentación de alternativas viables para mellorar a situación ou a simple presentación de argumentos para apoiar esas reprensións públicas son os mecanismos dos que se vale o autor para a consecución da súa finalidade. Pintos artella esta defensa sobre varios eixos temáticos: a descrición e enxalzamento da lingua galega; a análise da situación económica, sobre todo dos labregos, que se presenta como catastrófica; a vida dos emigrantes, presentada como a propia duns escravos modernos cos que se comercia; o mal funcionamento dos distintos órganos da Administración, exemplificado fundamentalmente na administración da xustiza.A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis é o primeiro libro en galego -aínda que contén textos en castelán- publicado por un autor da xeración dos Precursores. A gaita gallega foi editada por entregas ao longo do ano 1853 pola imprenta de D. José y D. Primitivo Vilas de Pontevedra e constitúe o libro fundacional do Rexurdimento e mesmo a obra programática deste movemento. Estructurada en sete foliadas de extensión desigual, a parte principal da obra está constituída polo diálogo entre dous personaxes, o tamborileiro Pedro Luces, un mozo de orixe castelá, e o gaiteiro que vive no Burgo pequeno, barrio da cidade de Pontevedra. Por medio deste diálogo, Pintos amosa, entre outros aspectos, unha descrición fiable da situación económica e social de Galicia, en especial de Pontevedra e do contexto sociolingüístico do idioma, a carón dun conxunto de exhortacións dirixidas á propia sociedade co obxectivo de modificala. O tema central da obra e o seu obxectivo primeiro é a defensa de Galicia e, como consecuencia, a reivindicación e a defensa dos seus costumes, dos seus lugares, das súas xentes e, por suposto, da súa lingua. A crítica aos comportamentos que provocan o estancamento do país, a presentación de alternativas viables para mellorar a situación ou a simple presentación de argumentos para apoiar esas reprensións públicas son os mecanismos dos que se vale o autor para a consecución da súa finalidade. Pintos artella esta defensa sobre varios eixos temáticos: a descrición e enxalzamento da lingua galega; a análise da situación económica, sobre todo dos labregos, que se presenta como catastrófica; a vida dos emigrantes, presentada como a propia duns escravos modernos cos que se comercia; o mal funcionamento dos distintos órganos da Administración, exemplificado fundamentalmente na administración da xustiza.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483029275
Idioma: Gallego
Número de páginas: 440
Tiempo de lectura: 10h 30m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 07/01/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 2.2 cm
Peso: 454.0 gr
Especificaciones del producto
Reseñas sobre A GAITA GALLEGA
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
5 0
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
Los libros más vendidos de Teatro