Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
Redondela non é exclusivamente unha vila senón un concello que aglutina trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, O Viso, Quintela, Redondela, Reboreda, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela e Vilar de Infesta; cada unha delas con personalidade propia, unhas, mirando ó mar, outras, mirando ó agro, outras ó monte, outras urbanas. Pero a Redondela que se recolle neste álbum de postais ten aspectos ben concretados no destacable, no exótico. A praia, a illa de San Simón, aspectos e recantos da vila, e, sobre todo, os dous viaductos, que salvan o val, a fochanca onde está metida a vida urbana, e que foron feitos para unir Vigo con Ourense e Pontevedra. A vila dos viaductos é o sinal de identidade máis coñecido de Redondela e, por tanto, a estampa máis recoñecida e máis postalística de todas. Este libro de estampas non pretende ser máis ca iso, a captura da vida doutros anos, o recordo que fai que en nós agrome de novo a idea dunha Redondela recuperada. Son mñáis dun cento de postais, é dicir, a imaxe con que a vila se presentaba diante do mundo enteiro, a cara fermosa para amosarlles ós de fora que os redodeláns existían, cómo eran e cómo vivían: preto do mar e do campo, nun verde val rodeado de montes e costas, un fondo circo redondo atravesado por dúas vías do tren, lanzadas por riba das casas gracias á modernidade da enxeñería do ferro, que trazaba pontes. Pertencen estas postais á colección de Luís Borines, un redondelán que tamén perdeu a súa Redondela, e que dende hai anos trata de reconquistala nun arquivo de postais que andan espalladas polo mundo adiante, en tendas inverosímiles, en chambos e rastros, en centros de coleccionismo por toda Europa. O libro complétase cun texto literario, «A Redondela recuperada», preparado polo escritor J.A. Xesteira.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483027103
Idioma: Castellano
Número de páginas: 104
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 12/12/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Vigo
Peso: 590.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por J. ANGEL XESTEIRA
J.Ángel Xesteira (Redondela, 1946) estudou a carreira de Periodismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, onde obtivo o título en 1972. Incorporouse á redacción de Faro de Vigo en 1975, onde chegou a ser redactor xefe. Fai crítica de cine desde hai máis de vinte anos e mantivo durante moito tempo columnas de opinión sobre temas políticos e sociais. Actualmente colabora semanalmente en Diario de Pontevedra. Como narrador deuse a coñecer con dous relatos, ``Chao, moneca (ou, ¿cómo che vai miña rosa?)´´ e ``O manuscrito atopado en Ramallosa´´, publicados no volume colectivo ``Phiccións´´ (Xerais 2000). Logo publicou as novelas ``Blues da ría´´ (Xerais 2001) e ``Caldo de mares para homes libres´´ (Xerais, 2003); e os libro de relatos ``Acompáñoo no sentimento´´ (Xerais 2001) e ``Contos de familia´´ (Xerais 2005). É co-autor, xunto con Luis Borines, do álbums de postais ``A memoria de Redondela´´ (Xerais 2001).