A nena e o grilo
Recomendado
Diario de un gato asesino
Tuffy se considera un gato normal y corriente. Por eso no entiende por qué, cada vez que entra por la gatera con un animalillo en las fauces, su familia monta un drama.
Ver másSinopsis
Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos. A nena e o grilo é o novo libro-CD que agora ve a luz dentro da colección máis musical de OQO editora, Q son. Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor Magín Blanco se encarga de encaixar todas as pezas. Mais o músico ourensán non está só, nesta aventura acompáñano as carismáticas e persoalísimas voces de Uxía, Fred Martins, Guadi Galego, Ugia Pedreira… e ata un coro de nenos. Eles poñen a música, e Iván Prieto, as imaxes. O ilustrador galego utiliza unha multitude de recortes con diferentes tonalidades e texturas para as imaxes. A aposta de Prieto pola colaxe débese a que é a técnica que mellor lle acae a esta historia híbrida e heteroxénea. Ademais, decántase por unha estética actual, e sitúa as aventuras dos protagonistas no marco da cidade, onde explota elementos urbanos como a publicidade, ou os carteis. A linguaxe, alén de ser un dos eixos temáticos de A nena e o grilo, goza dun protagonismo especial dentro das páxinas. Unhas veces, Iván Prieto resalta as palabras mediante a tipografía e outras, nun intento por integrar o texto nas ilustracións aproveita certos espazos das imaxes como contedores textuais: unha pinga de auga, o ubre dunha vaca, o tronco dunha árbore… A nena e o grilo é o resultado do labor conxunto de moitas persoas que cren que calquera traballo para os nenos e nenas debe ser tratado con esmero e coidado tanto no apartado das imaxes, coma no musical, os arranxos na produción e na interpretación. Esta atención máxima resulta imprescindible para un proxecto que está pensado para conectar a escola coa vida e adoptar unha actitude crítica e construtiva a prol de valores básicos ―respecto pola natureza, liberdade, solidariedade, afecto, convivencia, identidade, amizade...― . Para iso, precísase un sistema de valores compartidos e de materiais que se poidan integrar dentro dos procesos de aprendizaxe. Dun xeito sinxelo, delicado e
Ficha Técnica
Editorial: Oqo Editora
ISBN: 9788498712599
Idioma: Gallego
Edad recomendada: 7 a 9 años
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 21/01/2010
Año de edición: 2010
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Magín Blanco directamente en tu email
Otras sagas o series que te pueden interesar
Reseñas sobre A nena e o grilo
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Los libros más vendidos de Literatura de 7 a 9 años