map Librerías

📗 Libro en gallego A SEMELLANZA (3ª ED.)

SOTELO BLANCO EDICIONS- 9788478241286

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A SEMELLANZA (3ª ED.)

Novela que reflicte unha vida problemática e tráxica no seo dunha sociedade indiferente e incapaz de ofrecer un sistema de valores verdadeiramente asumibles. O protagonista, fillo único dun decadente matrimonio burgués que vive na cidade de Lugo, descobre a súa homosexualidade latente e emprende unha carreira contra o tempo en procura de si mesmo, desde a propia sexualidade e de acordo co seu propio corpo. M.ª Xosé Queizán explora pois as restriccións psicolóxicas e sociais que na sexualidade impón unha sociedade na que a heterosexualidade é dominante e as implicacións que para a identidade sexual e emocional do protagonista, e para as súas relacións, isto trae consigo. A busca da autenticidade, tanto no persoal coma no social, é daquela o motivo central desta novela

Esta quincena te recomendamos...

«Me despierto en su cama, en su habitación. He empezado a vivir la historia más peligrosa de mi vida, pero aún no lo sé. No sé nada, en realidad.» La quinta novela de Eva Baltasar es una historia de amor.

Ver libro

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478241286

Idioma: Gallego

Número de páginas: 208

Tiempo de lectura:
4h 54m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 22/05/2001

Año de edición: 1995

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por MªXOSE QUEIZAN


María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora» (1991), «Despertar das amantes» (1993), «Fóra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «Cólera» (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal» (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial» (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres» (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).
Descubre más sobre MªXOSE QUEIZAN
Recibe novedades de MªXOSE QUEIZAN directamente en tu email

Opiniones sobre A SEMELLANZA (3ª ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos de Narrativa en gallego