A VANGARDA DA PRESENZA

Por

XESUS GONZALEZ GOMEZ

(0)

Estado: DE 2ª MANO (BUENO)

Vendido por GoldenBooks

Transporte vendedor profesional
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 38,97 €

Sinopsis

Non se trata de pór a poesía ao servizo da revolución, senón de pór a revolución ao servizo da poesía. É soamente así que a revolución non traizoa o seu propio proxecto. Non reproduciremos o erro dos surrealistas que se puxeron ao seu servizo precisamente cando xa non existía, podía lerse no número 8 da revista Internationale situationniste. É, sen dúbida, e até nova orde, despois do surrealismo no seo da Internacional situacionista que se encontra máis claramente a vontade de vincular revolución estética e revolución política. Raoul Vanegeim, en 1967, escribiu: Os situacionistas reivindican plenamente a herdanza surrealista, rexeitando repetir os seus erros e principalmente a recuperación da arte surrealista pola sociedade burguesa. O desexo, a paixón, o xogo son os elementos que permiten revolucionar a arte para que a creación artística sexa obra de todos. Se o proxecto é moi semellante, as modalidades de realizalo son diferentes. A revolución estética dos surrealistas alicérzase na poesía e a pintura, mentres que para os situacionistas pasa pola irrupción da estética na vida cotiá a través da práctica da deriva, a construcción de situacións, un novo urbanismo... Mais se os situacionistas evitaron o escollo da recuperación que coñeceu a arte surrealista, non é, como subliña Susan Rubin Suleiman, ao prezo do abandono da compoñente estética do seu dobre proxecto inicial. A evolución do movemento mostra que os situacionistas consagraron o esencial da súa actividade a unha reflexión exclusivamente política. E a disolución, en 1972, da Internacional situacionista significa o abandono do proxecto político.

Especificaciones del producto

Reseñas sobre A VANGARDA DA PRESENZA

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€