As tolas que non o eran
Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 16,48 €
Sinopsis
As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.
En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: "Estou aquí e quero que me escoites". Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.
Ficha Técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411764094
Idioma: Gallego
Número de páginas: 142
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 21/04/2025
Año de edición: 2025
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Carmen V. Valiña directamente en tu email
Reseñas sobre As tolas que non o eran
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
3 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
| hace 1 mes
Refleja la triste realidad de una época oscura de nuestro país para las clases más desfavorecidas y en especial para las mujeres, víctimas de una sociedad machista, ignorante y cruel.
| hace 4 meses
Hai libros que che deixan un nó na gorxa, e este é un deles. É un golpe de realidade sobre o que podería ter sido a nosa vida ou a de calquera das nosas antepasadas. Carmen V. Valiñas rescata as voces das mulleres silenciadas tras os muros de Conxo, castigadas por non ser o que a sociedade quería ou por non ser "funcionais" tras sufrir as penas máis desgarradoras. Dóeme especialmente ler como se encerraba a mulleres que só precisaban tempo para chorar polos seus fillos perdidos ou polas súas vidas non vividas; mulleres que acabaron sendo etiquetas médicas por ser un "estorbo" para a sociedade ou para as súas propias familias. É unha lectura que che rompe o corazón en cada páxina, pero que devolve a voz e a dignidade a quen lla arrebataron. Un libro imprescindible que denuncia como se utilizou a psiquiatría para controlar e castigar ás mulleres que non encaixaban nos cánones da época.
| hace 7 meses
Diferente pero interesarante
Los libros más vendidos de Feminismo y mujer