Moitas veces, case sempre, as cousas non son o que parecen. Hai matices, recendos, sombras, que condicionan a visión que temos da realidade, de calquera realidade. Nas cousas do amor tamén. En especial nas cousas do amor. A subxectividade innata dos sentimentos abrocha por riba das palabras e fai que a atracción se alimente ou se esfarele, se condense ou se dilúa. Nisto, os protagonistas de "Cadencias" non son unha excepción. Nunha Barcelona de trazos tenues, tres personaxes, ela, el e Elisa, percorren a vida no gume imperceptible entre o amor e o sexo, entre a urxencia do íntimo e o pozo profundo da soidade. "Cadencias" é o bosquexo dun cadro impresionista sobre o amor e o desamor. Ou se cadra non.Moitas veces, case sempre, as cousas non son o que parecen. Hai matices, recendos, sombras, que condicionan a visión que temos da realidade, de calquera realidade. Nas cousas do amor tamén. En especial nas cousas do amor. A subxectividade innata dos sentimentos abrocha por riba das palabras e fai que a atracción se alimente ou se esfarele, se condense ou se dilúa. Nisto, os protagonistas de "Cadencias" non son unha excepción. Nunha Barcelona de trazos tenues, tres personaxes, ela, el e Elisa, percorren a vida no gume imperceptible entre o amor e o sexo, entre a urxencia do íntimo e o pozo profundo da soidade. "Cadencias" é o bosquexo dun cadro impresionista sobre o amor e o desamor. Ou se cadra non.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491216278
Idioma: Gallego
Número de páginas: 120
Tiempo de lectura: 2h 46m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/03/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA
EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA
Alto: 23.0 cm
Ancho: 16.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 259.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Portas
Manuel Portas (Barcelona, 1960) estreouse como narrador con Denso recendo a salgado (2010). Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), traducida para o italiano como Un dito macchiato d’inchiostro (2020), Faneca Brava (2013), Amor en alpargatas (2015), Lourenço, xograr (Premio García Barros, 2015), Por puntos (Premio Blanco Amor, 2019), Cadencias (2020) e Unha cervexa Chang (2022). Foi profesor de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Santiago, e colaborou en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas. Tamén se coñece polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta o seu traballo Língua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia da sociolingüística galega. Colaborador de prensa e radio, a súa dedicación á res pública levouno a participar na vida política e a formar parte do goberno municipal de Compostela durante dous mandatos.