Caixa de cartón
Recomendado
Serie Secreto de la bruja
Misterio, amistad y mucha magia te esperan en Secreto de bruja, la nueva serie de Patricia García-Rojo. Si tienes más de 9 años y te gusta la magia, ¡esta serie es para ti!
Ver másDescubre por qué Murdoku es el libro más viral
Sinopsis
Mamá gastou todos os seus aforros. Comprou un billete para unha embarcación que nos debía levar a unha terra Onde as nenas non dormen en caixas nin as mamás choran. OQO editora, nunha nova mostra do seu compromiso cos temas sociais, publica o segundo título da Colección Qontextos. Trátase de Caixa de cartón, do autor biscaíño Txabi Arnal, unha obra coa que dá continuidade ao proxecto editorial iniciado en 2008 e que pretende reservar un espazo do catálogo para algúns temas pouco habituais na literatura infantil e xuvenil, coma por exemplo, a guerra, as desigualdades sociais ou a existencia de réximes antidemocráticos. Neste álbum, Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos relate a súa historia. O xénero autobiográfico convértese aquí nun vehículo idóneo para trasladar as experiencias dos que emigran. Pero o seu testemuño alén de ofrecernos unha perspectiva máis humana da inmigración, vainos descubrir a complexidade deste fenómeno que presenta caras moi distintas: a cara da fame e da miseria nos países de orixe, a cara das mafias que trafican con persoas, a cara do odio e da xenofobia coa que o primeiro mundo recibe os estranxeiros… E pese a esta realidade tan desoladora, en Caixa de cartón hai esperanza. Porque esta historia tamén fala de solidariedade, dese vínculo fraternal que se establece entre os inmigrantes; e de segundas oportunidades, como a desta nena que tras perder todo, finalmente é adoptada por unha familia e atopa un novo fogar. O encargado de poñerlles rostro aos personaxes creados por Txabi Arnal nesta ocasión é Hassan Amekan. O ilustrador consciente das penalidades que viven os inmigrantes, sobre todo se son ilegais, constrúe unhas figuras e uns escenarios que parecen de cartón, material co que tenta que nos fagamos unha idea da fraxilidade e desamparo destes seres. Para lograr este efecto, utiliza un papel fino e delicado sobre o que comp&
Ficha Técnica
Editorial: Oqo Editora
ISBN: 9788498712148
Idioma: Gallego
Edad recomendada: 10 a 12 años
Número de páginas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 21/02/2010
Año de edición: 2010
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Txabi Arnal Gil directamente en tu email
Otras sagas o series que te pueden interesar
Reseñas sobre Caixa de cartón
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Los libros más vendidos de Literatura 10 a 12 años