CORPO BALEIRO (POESIA)

Por

BERTA DAVILA

(0)

Estado: DE 2ª MANO (MUY BUENO)


Vendido por Brand New Used Books


Envío desde Sevilla, España Península lo tendrás en Transporte vendedor profesional




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 190,00 €


Sinopsis

Sinopse Berta Dávila traza nos poemas deste libro unha paixón —paixón con corpo e no corpo—, e hai un fondo vivo de crónica, unha perspectiva de acción dramática no seu sentido máis puro, un depoimento. Mais sabe a poeta —estamos diante dunha poeta culta— que a poesía é linguaxe nunha linguaxe (P. Valéry) e talvez por iso cita ela mesma ao Peirce que di que o primeiro efecto significado propio dun signo é o sentimento que o signo produce. Poesía, pois, do sentimento; ou, mellor dito, da resonancia do sentimento. O que nos levaría a fixar tamén na poesía de Berta Dávila unha sorte de tremor existencial como semente ou fundamento radical do seu dicir. O corpo baleiro da poeta é un estado da alma, unha proxección semiótica do vivido e do sentido. E velaí a súa enerxía nativa (Baudelaire), a súa verdade interior, a verdade dunha poesía que vibra agora para nós, lectores da súa exhalación, intérpretes fascinados dun proceso existencial, dos ritmos dun ser que nos ilumina e nos perturba. Nace aquí unha poeta, Berta Dávila, que escribe xa o seu escintilar de astro no futuro.

Especificaciones del producto

Reseñas sobre CORPO BALEIRO (POESIA)

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€