Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
As pezas narrativas de "Dedre", o último libro de relatos de Ramón Caride, non requiren maior elucidación: a primeira, titulada "A razón práctica", é policial; a reescrita das andanzas de Pepe Carrera en dous tempos, personaxe que é, de seu, testemuña e símbolo dun tempo de renuncias, alicerce do noso e das súas miserias. En "Snuff-movie" e "Donald Fuck" sobrancean a cultura de masas, ou a súa ausencia, e o cinema, con homenaxes explícitas a Milo Manara, Rubem Fonseca, Ridley Scott e outras referencias xeracionais. Se nesa primeira parte destacan o realismo, a violencia e a negrura, na segunda, titulada "Da razón impura", con relatos recentes, Ramón Caride afonda pola contra no humor e na autocrítica, para trasmitir, por medio de sorprendentes artificios, como "Obradoiro literario" ou "A culpa foi de Max Weber", a ollada do autor, a medias irónica e corrosiva, sobre o noso sistema literario.As pezas narrativas de "Dedre", o último libro de relatos de Ramón Caride, non requiren maior elucidación: a primeira, titulada "A razón práctica", é policial; a reescrita das andanzas de Pepe Carrera en dous tempos, personaxe que é, de seu, testemuña e símbolo dun tempo de renuncias, alicerce do noso e das súas miserias. En "Snuff-movie" e "Donald Fuck" sobrancean a cultura de masas, ou a súa ausencia, e o cinema, con homenaxes explícitas a Milo Manara, Rubem Fonseca, Ridley Scott e outras referencias xeracionais. Se nesa primeira parte destacan o realismo, a violencia e a negrura, na segunda, titulada "Da razón impura", con relatos recentes, Ramón Caride afonda pola contra no humor e na autocrítica, para trasmitir, por medio de sorprendentes artificios, como "Obradoiro literario" ou "A culpa foi de Max Weber", a ollada do autor, a medias irónica e corrosiva, sobre o noso sistema literario.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497822473
Idioma: Gallego
Número de páginas: 120
Tiempo de lectura: 2h 46m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/12/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 196.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón Caride Ogando
Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004) ou «Liquidación de existencias» (Xerais 2016). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018) e «As músicas viaxeiras» (2021).