En Dende a muralla o lector encontrará a recoñecida mestría do autor, a súa sabedoría lingüística, a súa espléndida capacidade para recrear ambientes, a seu gusto persoal polo xogo literario, a sorpresa e os enredos, ingredentes esenciais a toda boa literatura.
Tres historias que exploran la intimidad, la memoria y las sombras que nos habitan
Paco Martín (Lugo, 1940). Mestre xubilado. Colaborador en diversos medios de comunicación, foi Premio Puro Cora de xornalismo, 1994. É autor de libros de texto para o ensino da lingua galega. Entre a trintena de libros que escribiu, destaca como o máis premiado "Das cousas de Ramón Lamote" (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986), e Lista de Honra do IBBY (1986). En Xerais ten publicados: "Servando I, rei do mundo enteiro" (1990), "Un robot pequeno" (1991), "A rula, o peluche e a nena" (2015) e "De paraugas" (2016).