Entrega en 1 día para las grandes poblaciones de España península y Baleares; para otras zonas o núcleos urbanos más pequeños puede demorarse 2-3 días. La disponibilidad únicamente se refiere a productos vendidos por casadellibro.com, y el cobro de tu pedido se realizará en el momento de su envío
Publicado por primeira vez en 1995, velaquí un dos libros centrais da obra de Chus Pato.
Ficha Técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498652925
Idioma: Gallego
Número de páginas: 104
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/06/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Colección:
Dombate
Dombate
Número: 60
Alto: 22.0 cm
Ancho: 12.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Chus Pato
Chus Pato (Ourense, 1955) é poeta. Académica de número da Real Academia Galega, é vogal do padroado da Fundación Euseino?, pertence á directiva do padroado da Fundación Rosalía de Castro e ao padroado da Fundación Uxío Novoneyra. Publicou os seguintes libros: «Urania» (1991), «Heloísa» (1994), «Fascinio» (1995), «Nínive» (Xerais, 1996, Premio Losada Diéguez), «A ponte das poldras» (1996), «m-Talá» (Xerais, 2000), «Charenton» (Xerais, 2003), «Hordas de escritura» (Xerais, 2008, Premio Nacional da Crítica, Premio Losada Diéguez e Premio Mondoñedo10), «Secesión» (2009), «Carne de Leviatán» (2013, Premio Irmandade do Libro), «Un libre favor» (2019) e «Sonora» (Xerais, 2023), Premio Nacional de Poesía 2024. A Erín Moure débenselle os seguintes volumes con traducións ao inglés: «From m-Talá» (Nomados, 2003), «Charenton» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2007), «m-Talá» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2009), «Hordes of writing» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2011), «Secession/Insecession» (2014), «Flesh of Leviatan» (Omnidawn Publishing, 2016) e «The Faces of the Quartzes» (Veliz Books, 2021). Ao español ten traducidas: «Un Ganges de palabras», antoloxía bilingüe galego-español preparada por Iris Cochón (CEDMA, Puerta del Mar, 2003), «Heloísa» (trad. Xosé Manuel Trigo, Ediciones La Palma, 1998), «m-Talá» (trad. Teresa Arijón e Bárbara Belloc, Pato-en-la-cara, 2009), «Hordas de escritura» seguido de «Secesión» (Amargord, 2013), «Carne de Leviatán» (Amargord, 2016), «Poesía reunida» (en 3 volumes: Ultramarinos Editorial, 2017, 2019, 2022). Tradución ao catalán: «Antoloxía» (trad. Gonzalo Hermo e Adrià Targa i Ramos, Universidade de Lleida, 2020). Traducións ao portugués: «Carne de Leviatã» (Douda Correria, Lisboa, 2016) e «Um fémur de voz correo a galope» (antoloxía, Officium Letonis, 2022). Tradución ao búlgaro: «Leviatan i drugi istorii» (trad. Tsvetanka Elenkova, Small Stations, 2016). Tradución ao holandés: «Finisterra» (trad. Mariolein Sabarte, Uitgeverij Perdu, 2017). A poesía de Chus Pato conta, así mesmo, con traducións ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, ao árabe clásico e a outros idiomas, e está incluída en prestixiosas antoloxías de ámbito nacional, estatal e internacional entre as que destacamos: «Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000)» (Lugo, Arturo Casas ed., Tris Tram, 2003), «Pótwysep w wierszach» (Warszawa, Wydawnictwo Ksiazkowe IBIS, 2006), «New European poets» (Saint Paul, Minesota, Wayne Miller and Kevin Prufer, Graywolf Press, 2008), «Poeti spagnoli contemporanei» (Alessandria, Emilio Coco, Edizioni dell´Orso, 2008), «20 canadian poets take on the world» (Ontario, Edited and introduced by Priscila Uppal, Exile Editions, 2009), «To the winds our sails; Iris writers translate Galician poetry» (Dublín, Salmon Poetry, Mary O`Donnell e Manuela Palacios, 2010) e «Contemporany Galician Poets» (A poetry Review Supplement), selected and translated by Jonathan Dunne (2010). Foi invitada aos festivais internacionais de Barcelona, Rosario, A Habana, Bos Aires, Bratislava , Rotterdam e Antwerpen. No ano 2018 a Chus Pato foille concedido o Premio Clara Campoamor e en 2024 o Premio Nacional de Poesía por «Sonora». (Fotografía da autora: Anxo Cabada.)