FINS DO MUNDO

Estado: DE 2ª MANO (MUY BUENO)


Vendido por Brand New Used Books


Sólo disponible de otros vendedores




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 190,00 €


Imagen de Federico sobre fondo beige

Lorca, el escritor que cambió la literatura para siempre

A 90 años de su asesinato, la voz de Lorca sigue viva en una obra que continúa inspirando a nuevas generaciones. El estreno de La bola negra invita a redescubrir el legado de uno de los grandes nombres de nuestra literatura.

Ver más

Descubre por qué Murdoku es el libro más viral

Sinopsis

En 1974 publicou un fermoso libro de relatos: Fins do mundo, animado por Raimundo Patiño. Eran historietas inspiradas nas súas vivencias da infancia á beira do mar do Morrazo (Nerga, Donón, Tirán, Bío, Cangas, Aldán...), tipos humanos, anécdotas e paisaxes marcadas polo humor e a ternura. Daquela descubrimos un Bernardino Graña singularmente dotado para o relato, coñecedor da tradición oral e fácil comunicador.Esta nova edición de Fins do mundo, quince anos despois, ofrécelle ó autor a posibilidade de revisar o texto e actualizalo, pero respeta a frescura daquel primeiro día. Engade unha historia nova, que no seu momento quedara no caixón, O estudiante que quixo ser burro (recreación dos seus anos na Universidade de Santiago), e unha carta-prólogo onde explica o devalar do tempo.Libro de amena lectura que trae arrecendo de mar e o encanto lonxano dos Paraísos Perdidos.

Ficha Técnica

Editorial: Xerais

ISBN: 9788475073910

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 08/05/2001

Especificaciones del producto

Escrito por Bernardino Graña

Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que é socio de honra dende 1986. Membro da Real Academia Galega, publicou unha extensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil. Como poeta publicou: "Poema do home que quixo vivir" (1958); "Profecía do mar" (1966, Xerais 1995); "Non vexo Vigo nin Cangas" (1975); "Se o noso amor e os peixes" (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; "Sima-Cima do voar tolo" (1984); "Himno verde" (1992); "Ardentía. Obra poética completa" (1995); "As Cantigas de Santa María" (Xerais 1996); "Luz de novembro" (1997); "Acendede as almenaras" (Xerais 2008) e "Ser auga, darse en auga" (2011). No ámbito do teatro: "Vinte mil pesos crime" (1962, Xerais 2005), "Sinfarín contra don Perfeuto" (1975) e "Os burros que comen ouro nunca cabalos serán" (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979). Como narrador publicou o libro de relatos "Fins do mundo" (1974, Xerais 1989) e as novelas "Protoevanxeo do neto de Herodes" (Xerais 2006), II Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa, "Carmela e os ladróns" (2010), "¡Medre o mar!" (2013), "A fuga a Exipto" (2016) e "O neno mariñeiro" (Xerais 2017). Publicou en Xerais as seguintes obras de literatura infantil: "O león e o paxaro rebelde" (1969), "Xan Guindán, capitán" (1991), "Oso mimoso" (1992), "O gaiteiro e o Rato Pérez" (1994), Premio Merlín 1993, "Cristo e San Pedro, peregrinos" (1994), "Rata linda de Compostela" (1994, 2009) e "O Quirico lambón" (1997). En 2005 Xerais publicouse, na colección Crónica "Conversas con Bernardino Graña", de Rafael Fernández e Héitor Mera.
Descubre más sobre Bernardino Graña

Recibe novedades de Bernardino Graña directamente en tu email

Reseñas sobre FINS DO MUNDO

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los libros más vendidos de