Luísa Villalta entendía a literatura como unha das artes da sedución. E, nestas Formas breves de pensamento, que compilan textos do seu legado literario, maiormente inéditos, sedúcenos na distancia curta e íntima da brevidade e a precisión. Palabras destiladas ao máximo en forma de aforismos, haikus, reflexións e breves poemas, esencia mesma desa vida tan diferente, a arte, pois nela un pode mentir. Pensamentos e palabras que producirán en ti, lector ou lectora, a conciencia de estar vivo, que se enriquecen coas ilustracións de Alfonso Costa e Carolina Rouco Villalta.
Tres historias que exploran la intimidad, la memoria y las sombras que nos habitan
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. A súa obra dramática reúnese en Teatro completo (Galaxia, 2024), e as narracións, Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), en Narrativa reunida (Galaxia, 2024). Como ensaísta publicou O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía (1999; Galaxia, 2021) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024), ademais de Narrativa inédita e dispersa (Galaxia, 2024).