Leccións de Gaita
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 21,47 €
Sinopsis
O terceiro volume desta colección conmemorativa é a reedición do método para gaita de Enrique Otero Covelo (Vigo, 1930-2013), coñecido como de O Gaiteiro do Frago. Leccións de gaita, publicado por Editorial Galaxia en 1978, que se completa co cuarto curso, rexistrado por Otero en 1980, mais inédito para o público.
Esta metodoloxía, próxima a facer o medio século de existencia, marcou un fito nas edicións pedagóxicas da música galega e da aprendizaxe da gaita galega en par- ticular. Enrique Otero foi o primeiro gaiteiro da tradición en realizar unha proposta semellante xuntando os seus coñecementos e experiencia como músico da Banda Municipal de Vigo, onde tocaba o bombardino, coa súa militancia na tradición musi- cal en grupos da contorna, pero recoñecidos en Galicia enteira, como Os Cruceiros.
Entre outras atopamos pezas tan senlleira coma “Alborada de Pontecaldelas”, “Muiñeira de Chantada”, “Marcha doantigo Reino de Galicia”, “Foliada de Monforte” e “Foliada de Tenorio”.
Estas leccións de gaita é, pois, a referencia fundamental na pedagoxía da gaita galega, e a súa reedición, co engadido do curso cuarto, fai xustiza ao mestre Otero, artífice desta proposta que, sen dúbida, permitiu poñer as bases de futuro para a meto- doloxía do estudo instrumental da música galega.
Ficha Técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411763981
Idioma: Gallego
Número de páginas: 116
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/04/2025
Año de edición: 2025
Especificaciones del producto
Reseñas sobre Leccións de Gaita
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Los libros más vendidos de Partituras