GALLEGO

Lingua e futuro

-5% de dto. exclusivo web
Envío gratis
Entrega aproximada el miércoles 5 de agosto.




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 28,00 €

Tiempo est. de lectura: 6h 31m

Sinopsis

Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situación da lingua galega na actualidade. Mergullándose na complexidade da situación sociolingüística actual, as autoras e os autores dos textos que se inclúen nesta obra colectiva achegan as súas interpretacións reparando nos matices e fuxindo de descricións monolíticas e simplistas. O público lector achará, pois, nestas contribucións discursos heteroxéneos que conflúen na necesidade tanto de preservar o galego como lingua propia e principal deste país como de denunciar o asasinato das linguas como máis unha ferramenta de opresión e de dominación.Nesta liña, as páxinas deste volume pretenden coadxuvar a reverter a situación actual da lingua galega e obrigarnos a reflexionar criticamente sobre os camiños que debemos tripar. A perspectiva adoptada é fundamentalmente sincrónica, na procura de dar solucións e alternativas pensando e situándose no aquí e no agora desta conxuntura particular. Con todo, sendo a defensa do galego o centro da obra, a ollada que se deita ten como protagonista principal a diversidade lingüística e o convencemento de preservarmos, a través do seu mantemento, as diferentes maneiras de ver o mundo que constitúen unha riqueza substancial para a Terra e para os seres que a habitamos.

Ficha Técnica

Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484871811

Idioma: Gallego

Número de páginas: 275

Tiempo de lectura: 6h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/12/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 260

Especificaciones del producto

Escrito por Goretti Sanmartín Rei

Goretti Sanmartín Rei é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña e formou parte durante dous anos, da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan xeral de normalización da lingua galega. Para alén do seu achegamento á funcionalidade dos prólogos nun contexto de contacto de linguas como o galego, realizou diversas contribucións ao estudo da etapa das Irmandades e moi especialmente á figura de Ramón Vilar Ponte, ao seu constante compromiso coa lingua como elemento vertebrador da idea de Galicia e á súa influencia na conformación do pensamento nacionalista. Participou igualmente en diferentes proxectos que, desde unha perspectiva histórica ou contemporánea, pretendían incidir na restauración dun modelo de lingua galega de calidade desde unha óptica que integra e acrecenta como un valor fundamental para o noso coñecemento lingüístico a lingua literaria.
Descubre más sobre Goretti Sanmartín Rei

Recibe novedades de Goretti Sanmartín Rei directamente en tu email

Reseñas sobre Lingua e futuro

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€