GALLEGO

MEMORIA DE LUGO

(0)

Estado: DE 2ª MANO (MUY BUENO)


Vendido por Brand New Used Books


Sólo disponible de otros vendedores






Regalo

Agenda radical 2027

Por la compra de cualquier libro de Taurus la editorial nos regala esta práctica agenda 2027. Promoción válida del 15 de octubre al 15 de noviembre o hasta fin de existencias.

Ver más

Sinopsis

O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, todas elas da colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade da cidade de Lugo e das vilas máis significativas da provincia, nese periodo: dende a articulación urbana da cidade da Muralla e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. As terras luguesas pola súa situación foron, a porta de entrada e paso obrigatorio de Galicia. Nos albores do século XX, reflectidas nas imaxes reproducidas neste volume, as terras luguesas amosan unha reticula feita á medida do home (paisaxe de humanidade). Máis a fermosura da paisaxe e do patrimonio histórico non poden agachar a realidade socioeconómica daquel momento: a vixencia do sistema foral, a situación de estancamento e de anomía social dunha provincia, que economicamente vive ao borde da supervivencia, o desprazamento da poboación cara ás cidades e a emigración a América.Estas realidades definirán as produccións fotográficas das tres primeiras décadas do século XX. A primeira parte recolle as vistas xerais da cidade lucense, deténdose, nas vistas da Muralla, algunhas delas practicamente inéditas ata hoxe. O escritor Paco Martín,?Da cidade de Lugo? , propón un paseo pola cidade dende a Praza da Constitución e o Paseo do Cantón, ata as Prazas de san Domingos e do Campo. Fausto Galdo, ?Mariñas e Terras do Norte?, evoca a vida das terras mariñás no comezo do século XX, diante das vistas de Viveiro, Celeiro, Ribadeo e Foz. O poeta Manuel María, ?De Lugo ó Cantábrico cruzando a Terra Chá?, ilustra as postais de Mondoñedo, Vilalba e Guitiriz. O escritor Lois Diéguez ,?Val de Lemos e Terras do Sur?, recrea as postais de Monforte, Quiroga, Sárria, Samos e San Clodio. Pecha o volume a traducción dos textos literarios ó castelán e inglés, así como a catalogación das pezas deste magnífico volume.

Ficha Técnica

Traductor: Carmen Torres Paris
Prologuista: Dolores Martinez Torres

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483025932

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Vigo
Alto: 28.0 cm
Ancho: 23.0 cm

Especificaciones del producto

Escrito por CARLOS DIAZ MARTINEZ

Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición... Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego. Autor de colaboracións diversas no eido do xornalismo en revistas e xornais de Galicia e de coordinación de publicacións do noso patrimonio fotográfico (A Opinión de A Coruña). En colaboración con outros autores ten publicado " Xesús Ferro Couselo " , " Fouce: Etapa da Clandestinidade " e " A semente do 72, a forza da nosa clase " . Colaborador na organización de diversas exposicións históricas ou artísticas e comisario de: " Galicia fora de Galicia " , " Culturas no Camiño Xacobeo " , " Masonería Universal. Familia Galega " , " Manuel Facal. 25 anos de obra gráfica " . Como diseñador-editor de arte gráfica coordina produccións Culturais Artesa e a publicación de carpetas de obra gráfica de autores e artistas galegos dende o ano 1992 coa proposta actual dun catálogo de 10 libros de bibliofilia de arte. Dende 1995 colaboura con Edicións Xerais de Galicia das coleccións de libros " A memoria de... " e na proposta de diversas publicacións e actividades da editorial. O seu último libro e ``A Coruña por Pedro Ferrer´´ (Xerais 2005).
Descubre más sobre CARLOS DIAZ MARTINEZ

Recibe novedades de CARLOS DIAZ MARTINEZ directamente en tu email

Reseñas sobre MEMORIA DE LUGO

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los libros más vendidos de Historia y critica de la fotografía