MEMORIAS DUN RAPOSO (4ª ED.)

Estado: DE 2ª MANO (MUY BUENO)


Vendido por Hamelyn


Sólo disponible de otros vendedores




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 8,83 €


Sinopsis

Asistimos ó longo das páxinas deste libro á transcrición da asisada conferencia que dictou, xa de vello, Afonso Alfonso, dos Alfonso da Golpilleira, ós seus conxéneres raposos máis novos para explicarlles polo miúdo o modo de ser e de actuar tradicional dunha especie que é evidente que vai pouco a pouco "perdendo as maneiras". Co exemplo da propia vida, Afonso vai debullando en lembranzas a súa docta experencia vital nunha chea de peripecias que, dende a primeira páxina, é quen de engaiolarnos coa viveza dos acontecementos narrados e -atrévome a empregar a imaxe- co saboroso da linguaxe. Estamos ante unha historia de raíz popular que achegará ós lectores adultos moitas reminiscencias e que será capaz de axudar a transmitir ás novas xeracións lectoras a abundancia e riqueza dun acervo que de nigún xeito debemos esquecer, e menos aínda, como non foi inhabitual nalgún momento non tan lonxano, desprezar.

Ficha Técnica

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483023334

Edad recomendada: 10 a 12 años

Número de páginas: 144

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/05/2001

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto

Escrito por Antonio Reigosa

Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.
Descubre más sobre Antonio Reigosa

Recibe novedades de Antonio Reigosa directamente en tu email

Reseñas sobre MEMORIAS DUN RAPOSO (4ª ED.)

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

niños leyendo

Libros de texto 2026-2027

Compra ya sus libros de texto para el próximo curso.

Ver más