NACIONALISMO O PE DA LETRA
Estado: DE 2ª MANO (BUENO)
Vendido por World Wide Books
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 195,00 €
Sinopsis
Tito Diéguez
Nacionalismo ó pé da letra analiza a situación política de inicios dos sesenta que daría lugar á constitución do PSG no 1963 e da UPG no 1964. A investigación arranca do ano 1965, pois é o ano en que se empezan a editar Terra e Tempo (da UPG) e Adiante (do Partido Socialista Galego), os primeiros periódicos de formacións políticas nacionalistas, aparecidos en Galicia tras un longo período de forzado silencio, condicionado pola represión franquista. Outros soportes, como Galicia Emigrante e Denuncia (da UPG) ou Galicia en Loita (do MCG), tamén serán obxecto de análise neste libro.
Tito Diéguez aborda neste traballo o estudo dos periódicos dos partidos nacionalistas galegos entre 1965 e 1975, para, sobre esta base, debuxar o panorama político galego da época e a organización das agrupacións políticas que empezan a agromar en Galicia nos anos inmediatamente anteriores a 1965. Deste xeito, enfoca o estudo das distintas ideoloxías dos partidos nacionalistas galegos apoiándose nun elemento —a prensa— que fora practicamente ignorado polas investigacións (de corte histórico e político) que ata agora se fixeron sobre o tema; vindo reclamar a atención sobre a prensa escrita, á que ata agora se lle concedera un papel moi secundario.
O autor deste traballo de investigación analiza, así, as publicacións periódicas das organizacións nacionalistas na súa dimensión fundamental de transmisoras da ideoloxía dun determinado grupo ou partido político; ideas ou idearios que, nunha época de censura, represión e clandestinidade, precisaban do soporte xornalístico para vehiculizarse e propagarse á sociedade galega de cara a conformar unha conciencia colectiva.
Con este libro, que é unha análise rigorosa, concienciuda, e exhaustiva as máis das veces, dos órganos de comunicación e propaganda deses grupos e partidos, Sot
Ficha Técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478244355
Idioma: Gallego
Número de páginas: 215
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/03/2005
Año de edición: 2005
Especificaciones del producto
Reseñas sobre NACIONALISMO O PE DA LETRA
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€