O carteiro de Ximaraos
XIII premio Manuel María
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 16,50 €
Libros de texto 2026-2027
Reserva ya tus libros de texto para el próximo curso.
Sinopsis
O avó de Xoán era o carteiro da vila de Ximaraos antes de xubilarse. Como o home xa vai vello e cada vez ten peor memoria, Xoán e mais a súa nai van vivir con el para coidalo. Entre as súas posesións máis prezadas atópase unha colección de postais penduradas da parede. A Xoán encántanlle, pero o avó non llas deixa nin tocar. Aínda así, o rapaz aproveita cando el non está para fochicar nelas. Co paso do tempo, o ancián cada vez lembra menos cousas, mais do seu maxín nacen historias que Xoán escoita abraiado, sen saber moi ben se son reais ou inventadas. Ademais, o avó está sempre coa teima de que hai que facer o repartimento das cartas. Xoán pensa que é un conto máis, ata que atopa no faiado unha saca de correo chea de cartas sen entregar. Serán capaces entre os dous de que as cartas cheguen aos seus destinatarios despois de tanto tempo?
Segundo o xurado do XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil, «O carteiro de Ximaraos» aborda, dun xeito sensible, coidado e con profundidade, a situación das crianzas que conviven cun familiar doente e o conflito interxeracional que os separa. A importancia da memoria, a tradición e a transmisión do legado familiar están tamén presentes na obra, que destaca así mesmo pola calidade dramática e a detallada construción dos personaxes.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411107129
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/09/2025
Año de edición: 2025
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Carlos Labraña directamente en tu email
Otras sagas o series que te pueden interesar
Reseñas sobre O carteiro de Ximaraos
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€