Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
Neste volume o escritor nacido nas terras de tras da Corda adéntrase nun xénero, a crónica de feitos de onte con proxección actual, que cultiva con mestría de profesional da información avezado no retrato do detalle. O lector descubre desde o primeiro relato, "Valle-Inclán: morrer en Compostela", a cara máis xornalística deste escrito con selo propio, rompedor e á vez afeito a moverse nos formatos máis habituais. Eu, que buscaba datos, análise e modos narrativos, atopei, ademais, matices, paixón e soltura na expresión. Pero, sobre todo, deixoume bo sabor literario esa facilidade para relacionar acontecementos, esas referencias puntuais e sempre ilustradoras, sen por iso perde-la sinxeleza e claridade dun conxunto de feitos que falan por eles mesmos. Este libro de lendas e realidades non só ofrece textos. Tamén aporta documentos gráficos, interesantes fotos para retrata-las etapas de personaxes e situacións que protagonizan as historias de Valle-Inclán, Pepa A Loba, Hemingway, Noriega Varela, Torrente Ballester, Álvaro Cunqueiro ou Laxeiro, sen esquece-la vida máis local do seu berce, cos asuntos de O Negro e A Castaña en Campodoso, A Terra Cha, O Cristo do Fiouco, Bretoña ou de Foz.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483022122
Idioma: Gallego
Número de páginas: 254
Tiempo de lectura: 6h 1m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/05/2001
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; «Matinacións zafanarias» en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.