Herzog Ernst, ou O duque Ernesto foi, como nos indica o número de manuscritos que conservamos del, un dos libros máis populares de toda a Idade Media alemá; supón, neste senso, un bo exemplo da literatura de entretemento da época, co seu gusto polas aventuras e os mundos exóticos. O libro, escrito orixinariamente en verso, relátanos a historia do duque Ernesto de Baviera, orfo de pai dende cativo, cuxa nai, Adelaida, é cortexada polo emperador Otón e casa fi nalmente con el. O seu padrasto amósalle en principio unha gran simpatía, tratándoo coma o seu propio fillo. Mais outro nobre emparentado con Otón, envexoso da posición de Ernesto, comeza a intrigar, provocando que a boa relación se rompa e que o emperador acabe acusando a Ernesto de traizón. Tras loitar durante un tempo contra o emperador, Ernesto non ten máis remedio que abandonar o país e unirse ás cruzadas acompañado dun fato de homes fieis. Mais unha tormenta desvíaos do seu primeiro obxectivo, e Ernesto emprende unha viaxe a Oriente na que visita estraños países e vive numerosas aventuras. Tras obter sona e honor en Oriente, regresa a Alemaña, onde o emperador acaba aceptando a súa inocencia e admitíndoo na corte. Nalgún intre os críticos clasificaron o Herzog Ernst dentro da denominada Spielmannsepik ou “épica de xograres”, pois considerábase que fora obra de xograres errantes; un produto da oralidade que se puxo finalmente por escrito. Esta hipótese, se callar reforzada polo feito de non coñecermos o autor, está arestora desbotada: tanto a linguaxe como a estrutura do libro son demasiado complexas para que fose así.
Ficha Técnica
Traductor: Almudena Otero Villena
Editorial: Rinoceronte Editora S.L.
ISBN: 9788417388379
Idioma: Gallego
Número de páginas: 118
Tiempo de lectura: 2h 43m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/05/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: España
Número: 33
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Reseñas sobre O duque Ernesto
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0
0 Reseñas
5 0
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
Los libros más vendidos de Narrativa extranjera hasta el siglo XVIII