map Librerías

📗 Libro en gallego O PATADON

Edicións Xerais- 9788483026878

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O PATADON

Un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón disparado contra o ceo coma un foguete, percorrendo o mundo, provocando enormes sustos,choques, caídas e potes, causando tremendas impresións a persoas que se entretiñan en calquera ocupación, e moito máis ca un apuro. Divertidísimo álbum para os primeiros lectores de Manuel Lourenzo González. Textos rimados. Ilustracións de grande forza de Andrés Meixide.Un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón disparado contra o ceo coma un foguete, percorrendo o mundo, provocando enormes sustos,choques, caídas e potes, causando tremendas impresións a persoas que se entretiñan en calquera ocupación, e moito máis ca un apuro. Divertidísimo álbum para os primeiros lectores de Manuel Lourenzo González. Textos rimados. Ilustracións de grande forza de Andrés Meixide.

Esta quincena te recomendamos...

Vuelve el fenómeno japonés que ha engatusado a lectores en todo el mundo con una nueva entrega purrfectamene irresistible. Nuevos pacientes, nuevas historias y la misma receta infalible: ¡un gato! Porque a veces el alma necesita una doble dosis de ternura.

Ver libro

Ficha técnica


Ilustrador: Andrés Meixide

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483026878

Idioma: Gallego

Número de páginas: 32

Tiempo de lectura:
39m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 23/10/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
Alto: 20.0 cm
Ancho: 18.0 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 111.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo González


Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos "Algúns outros" (1991); "Da esfinxe" (1992); "As paisaxes compartidas" (1996), Premio Carvalho Calero; "Noites de papel" (1997), Premio Café Dublín; "Infidelicidades" (2002), Premio Narrativas Quentes; e as novelas "Arqueofaxia" (Xerais 1995), Premio Manuel García Barros; "O xardín das pedras flotantes" (Xerais 2008), Premio Xerais de Novela; Atl (Xerais 2012), Premio Blanco Amor de Novela, e "Cegoñas ao fondo da ría" (2015). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas "No outono das fragas" (1995); "Tanis I o Mocos" (Xerais 1998); "O que é a vida" (Xerais 2001); "Estanislao, príncipe de Sofrovia" (Xerais 2002); "Irmán do vento" (Xerais 2003), Premio Merlín e Premio Frei Martín Sarmiento; "Ela atopa un nome" (2005); "Unha pantasma no colexio" (2006); "O día despois do día" (2007); "Mundo Arb" (2011), Premio O Barco de Vapor; "Flor de área" (Xerais 2013) e "Ceiba de Luz" (Xerais 2017), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; algunhas das cales foron traducidas ao castelán. Como autor de libros infantís, publicou "Animais de compañía" (1998), seleccionado para o catálogo White Ravens 2000; "O patadón" (2001 Xerais); "Piñeco" (2004), e unha versión do clásico "A leiteira" (1999). No campo do teatro, é autor de "Auto do Entroido" (1995), Premio O Facho e "A música da noite" (2001), Premio Estornela. Ademais, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como "Muralla de Cresconio 2", "Galicia Solidariedade", "Premios Pedrón de Ouro 1990-1991", "Unha liña no ceo. 58 narradores galegos", "Novo do trinque", "Contos de chistes, portas e sorrisos", "Educación e Paz III. Literatura galega pola paz", "Limiaxinacións", e en publicacións periódicas, entre as que destacan as súas colaboracións na revista de humor "Retranca" (anos 2007- 2010). É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter.
Descubre más sobre Manuel Lourenzo González
Recibe novedades de Manuel Lourenzo González directamente en tu email

Opiniones sobre O PATADON


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos de Narrativa en gallego