Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa, que se abre coa narración da irremediable metamorfose, que tras a subida das augas, converte ás protagonistas de "A tarasca", de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e, finalmente, en cocas ou tarascas voadoras; e que se pecha con "Teseo no labirinto", onde se convocan os protagonistas mitoloxía clásica. Entremedias, en relatos como "Os límites do inimaxinábel", "Wünderbar" ou "O anel de Coleridge", a irrupción dun elemento fantástico inesperado axuda a explorar fronteiras descoñecidas da realidade; noutros, como "Na caeira" ou "o Souto dos Gatos", homenaxéase de forma explícita á memoria republicana; mentres que, finalmente, no relato "Xogando aos faraóns" ou, na case noveliña, "O chintófano", a sátira política e o humor máis retranqueiro centran toda atención dunha engaiolante lectura.Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa, que se abre coa narración da irremediable metamorfose, que tras a subida das augas, converte ás protagonistas de "A tarasca", de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e, finalmente, en cocas ou tarascas voadoras; e que se pecha con "Teseo no labirinto", onde se convocan os protagonistas mitoloxía clásica. Entremedias, en relatos como "Os límites do inimaxinábel", "Wünderbar" ou "O anel de Coleridge", a irrupción dun elemento fantástico inesperado axuda a explorar fronteiras descoñecidas da realidade; noutros, como "Na caeira" ou "o Souto dos Gatos", homenaxéase de forma explícita á memoria republicana; mentres que, finalmente, no relato "Xogando aos faraóns" ou, na case noveliña, "O chintófano", a sátira política e o humor máis retranqueiro centran toda atención dunha engaiolante lectura.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497829274
Idioma: Gallego
Número de páginas: 208
Tiempo de lectura: 4h 54m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 22/07/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 317.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Agustín Agra
Agustín Agra (Noia,1966). Tras desenvolver o seu traballo en diversos centros educativos do país, hogano exerce como profesor de Bioloxía no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Ademais de vinte anos de participación na Asociación Cultural Barbantia, da súa autoría son as obras «O tesouro da lagoa de Reid Is» (Xerais, 2006; Premio Merlín), «Cazaría salvaxe» (Xerais, 2008), «O recendo das mimosas» (Xerais, 2009), «A treboada de C» (2009), «Trampa de luz »(Xerais, 2012), «Cor animal» (2015), «Silencio» (2020) e «Libro das contrarias» (Xerais, 2025, Premio Ánxel Fole). Neste tempo recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo do ano 2004 e o primeiro accésit de 2005, gañou o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia nos anos 2016 e 2019 e foi finalista do Certame Manuel Murguía do ano 2023.