GALLEGO

O soño de Xela

Por ALEXANDRE HONRADO
-5% de dto. exclusivo web
Entrega aproximada el martes 7 de julio.




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 14,00 €


Niños leyendo

Libros de texto 2026-2027

Reserva ya tus libros de texto para el próximo curso.

Ver más

Sinopsis

«Non creo que se medre por ler un libro», fungaba Miguel. «Pois eu, cada vez que entro nun, saio diferente. Un levoume a coñecer unha illa habitada por un náufrago; outro á lúa, montado nunha bala de canón», dixo o avó, «Colle ese que está aí e ábreo pola última páxina. Ves o punto final?» Entón comezou a aventura…

Miguel escorrega a través do punto final dun libro e cae nun delirante mundo de fantasía. Con Xelá, Álex se o lemos ao revés, navega por un río de vidro nunha bañeira de vapor con patas de león, viaxa por desertos de azucre…

Esta é unha historia sobre o crecemento persoal, e sobre a importancia que os soños teñen na formación dos máis pequenos e no seu desenvolvemento posterior como adultos.

O libro e a lectura representan unha ponte entre os soños, que todos precisamos, e a realidade de cada día. No mundo do imaxinario todo é posible, e o protagonista, ao que non lle gusta ler nin imaxinar, vai descubrir o pracer da creatividade e a imaxinación, xunto coa afectividade.

Desde o punto de vista plástico, Marta Torrão ofrécenos unhas ilustracións onde o seu particular imaxinario de personaxes adquire unha nova dimensión, máis depurada, na que xoga con dous niveis de acabamento: o debuxo a lapis en branco e negro para algúns momentos, e a recreación combinada de debuxo e colaxe a cor para os momentos de maior intensidade da historia.

Coa mestura do marabilloso e do fantástico, asentado na base do real, esta é unha historia para ler, reler e redescubrir en cada lectura. Velaquí unha ocasión para nos converter, como lectores, en creadores de soños, en loitadores sen armas.

Texto de Alexandre Honrado
Ilustracións de Marta Torrão
Tradución do portugués de Verónica Camiña

Ficha Técnica

Ilustrador: Marta Guerreiro Torrao

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788496788725

Idioma: Gallego

Número de páginas: 96

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/07/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Especificaciones del producto

Reseñas sobre O soño de Xela

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los libros más vendidos de Álbumes ilustrados