Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
O trasno de Alqueidón, ilustrada de forma realista por Miguelanxo Prado, contén tres contos (o que dá título ó volume, �Neve na Amaía� e Chave de Ponte, Chave de Carballo�) que teñen como elemento unificador desenvolverse, todos eles, no territorio do val da Amaía, ás beiras do río Sar, onde se encontran Alqueidón, Chave de Ponte, Bastavales ou Ortoño. O primeiro dos contos, �O trasno de Alqueidón�, nárranos a historia de dous irmáns, Inés e Diego, que levan varios días sen durmir por culpa dun trasno. A súa avoa aconséllalles que poñan unha cunca de arroz para que o trasno bata con ela, o que sen, dubida, anoxará ó trasno porque este tipo de criaturas non sabe contar. A idea da avoa dá resultado, pero a Inés dalle moita pena, e decide ensinar ó trasno a contar ata cinco. O segundo dos contos, �Neve na Amaía�, utiliza a estructura acumulativa dos contos tradicionais. Berta, unha rapaza que vivía coa súa avoa, sae da súa casa, nun día de frío tremendo, a pedirlle uns tizóns para acende-lo lume ó seu veciño, o señor Tomé. Este, a cambio, pídelle uns groliños de auga que canta. Berta atopará a un grilo que a levará á fonte de Ortoño, que lle pedirá, a cambio da auga que canta, unha presiña da terra que soña...O terceiro dos contos, �Chave de Ponte, Chave de Carballo�, narra como unha rapazota chamada Minia, vai á procura de Fran, o seu gato desaparecido. Atopará no seu camiño co liñaceiro, a píntega e ó señor rato.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483020517
Edad recomendada: 10 a 12 años
Número de páginas: 72
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/05/2001
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega. En Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017); nesta colección, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (Costa Oeste, 2017) e A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa); A compañía Clandestina de Contrapublicidade (Literaria, 1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022) e Lobos nas illas (2024), entre outros.