O admirable do libro de Gustavo Pernas, ademais da suculenta análise que leva a cabo, nun excelente exercicio entre a crítica da cultura e a literatura comparada, radica en que tece o seu relato como se fose unha obra teatral. Dalgunha maneira, a súa envexable carreira como dramaturgo está detrás desta proposta de lectura da Modernidade. Un coro narrador, no que vai concitando aquelas voces máis sobranceiras da reflexión sobre a arte, desde Susan Sontag a Edgar Morin, desde Benjamin a Eugenio Trías, desde Gombrich a Duvergier... leva a cabo a representación sobre o pano de fondo deste Dèjeuner sur l’herbe do que tan pouco sabiamos. Quen son esas persoas?, a que se dedican?, e, máis concretamente, quen é ela?, por que me mira?. O coro, esa escura masa de voces que son sombras, vai facendo as súas preguntas, erguendo as súas incógnitas, contestando as que pode ou certificando os seus enigmas.
E o relato flúe, como en Sófocles, á procura dunha anagnórise final, ese momento en que os protagonistas desvelan as súas sombras e asistimos á revelación, ese tecnicismo fotográfico que significa iluminación, proxección de luz sobre un negativo para positivalo. Unha revelación que é, neste caso, crítica da cultura, da arte, da historia.Animo, pois, ao lector a que se introduza no harmonioso labirinto destas páxinas para pro...
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Laiovento, S.L.
ISBN: 9788484870937
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/07/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 206
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Gustavo Pernas Cora
Gustavo Pernas Cora (Viveiro, 1959) é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1985 dedícase profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Profesor de Guión e Teatro na Escola de Imaxe e Son da Coruña. En 1989 funda con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Ancora Produccións na que dirixe e interpreta os seus propios textos. Entre outras, estreou e publicou as seguintes obras: O Galego, a Mulata e o Negro; a triloxía Comedias Paranoicas (formada por Ladraremos, Fábula e Anatomía dun Hipocondríaco); Sucesos; Footing; Paso de Cebra; Final de Película; Medidas Preventivas; Taras Mínimas; ou a triloxía 3 Logomonos (formada por Colgados, Pisados e Snakizados). Recibiu, entre outros, os premios Max de las Artes Escénicas, Rafael Dieste, María Casares, Compostela, AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), Roberto Vidal Bolaño e Maruxa Villanueva. Algunhas das súas obras foron publicadas ou estreadas en Francia, Portugal ou Uruguai.