GALLEGO

SEXO E LUGAR

Estado: DE 2ª MANO (COMO NUEVO)


Vendido por ARCA DE BABEL-ART OLSSEN


Sólo disponible de otros vendedores




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 14,91 €

Tiempo est. de lectura: 9h 29m

Sinopsis

Sexo e lugar é un conxunto de ensaios sobre o poder, cultura, arte e literatura, a favor da vivencia libre do sexo e do lugar. Estes ensaios, inspirados pola liberdade, combaten o poder sexual e o poder colonial e veñen asinados por Carmen Blanco, especialista pioneira nesta temática en Galicia. Fundamentando o seu cerne en Galicia e as mulleres, este libro revive, a través das liberdades dos praceres plurais do sexo e do lugar, creacións artísticas tan diversas e esenciais como as cantigas medievais ou as obras de Rosalía, Pondal, Leiras, Otero, Castelao, Fole, María Mariño, Pura Vázquez, Luz Pozo Garza, Valente, Xohana Torres, Luísa Castro, Olga Novo, Granell ou Díaz Pardo.

Ficha Técnica

Editorial: Xerais

ISBN: 9788497823982

Idioma: Gallego

Número de páginas: 398

Tiempo de lectura: 9h 29m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/02/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Universitaria
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto

Escrito por Carmen Blanco

Carmen Blanco (Lugo, 1954) é autora de poesía, narrativa e ensaio. Como poeta publicou as mostras da súa obra poética en marcha Estraña estranxeira (2004), Un mundo de mulleres (2011) e Lobo amor (2011). Como narradora publicou a recreación de contos clásicos Vermella con lobos (Xerais, 2004) e a novela patchwork de microrrelatos Atracción total (Xerais, 2008). Como ensaísta publicou os libros Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Carballo Calero: política e cultura (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992), (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007), Uxío Novoneyra, (2009), Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010) e Feministas e libertarias (2010). É autora de moi diversas edicións de ensaio e poesía, como María Mariño (2007) ou, con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias (Xerais, 1976) de X. L. Méndez Ferrín, e Os eidos (Xerais, 1990) de Uxío Novoneyra, e , en solitario, Códice Calixtino (Xerais, 1991) de Luz Pozo Garza ou a mostra bilingüe Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (2004). Publicou numerosas introducións e prólogos, e colaborou en moi variados libros colectivos, xornais e revistas. Co seu nome ou co heterónimo Emma Luaces publicou versións de Safo, José Ángel Valente ou José Agustín Goytisolo, e poemas da serie "Lobo azul". Deseñou os libros Tigres de ternura (1981, 1982) de Rodríguez Fer e ilustrou Historia da lúa (1984), Vulva (1990) e A muller núa (1992), así como o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor. E fixo o logotipo de Unión libre.
Descubre más sobre Carmen Blanco

Recibe novedades de Carmen Blanco directamente en tu email

Reseñas sobre SEXO E LUGAR

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€