Tantos anos de silencio
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 18,95 €
Sinopsis
O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas devaixo das cociñas, mais tamén de utopías e soños de cambio, revolución e vida mellor. En efecto, todo é un soño feliz no pazo de Flavia ata que o 18 de xullo de 1936 comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: umhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar. Ánxela, unha investigadora que garda a súa propia historia de violencia e dor, acepta dirixir a excavación das fosas e proponse deitar luz sobre todos os acontecementos dos primeiros días da guerra no pazo, pero axiña desexará tirar tamén do fío da identidade do misterioso poeta e da muller soterrada co libro. A través da investigación de Ánxela, iniciamos unha viaxe apaixonante entre 1936 e os nosos días en que descubriremos que o fascismo superou tempo e fronteiras.
Ficha Técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491514374
Idioma: Gallego
Número de páginas: 244
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/01/2020
Año de edición: 2020
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Francisco Castro directamente en tu email
Reseñas sobre Tantos anos de silencio
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
1 Reseña
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
| hace 3 años
Encantoume. Hai autores que se empirran en escribir un libro de 500 páxinas que non te leva a nada e este, con duascentas e pouco, plantexa toda unha historia ben ligada con xiros sorprendentes e outros que non tanto. Custa entender partes das tramas secundarias ó intercalar todo á vez. Pero é un libro que che abre a mente é iso, nos tempos que estamos, é algo impagable. A Guerra Civil a través dunha historia de amor? Cada quen que saque súas conclusións.