GALLEGO

Unha cervexa Chang

¡Últimas unidades!
-5% de dto. exclusivo web
Envío gratis
Recíbelo mañana miércoles 24 de junio.




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 19,52 €

Tiempo est. de lectura: 5h 11m

Sinopsis

Ás veces, cando temos problemas que non sabemos como resolver, cómpre afastarse da realidade e contemplala a distancia. Para que non nos acabe por engulir. Iso é, nin máis nin menos, o que lle acontece a Daniel, o protagonista desta novela. En plena crise persoal e económica, acentuada por un escuro asunto fraudulento do que foi vítima, decide aproveitar as vacacións de Nadal para descansar lonxe, nunha praia paradisíaca de Tailandia. Só para iso, para que as ameazadoras circunstancias que o abafan, un matrimonio fracasado, un negocio de antigüidades en decadencia, unha familia que lle reclama responsabilidades desmedidas e unha ansia de liberdade que xa parece ilusión va, queden un tempo á marxe e deixen albiscar un horizonte novo.
Mais, cando xa está a piques de volver para a casa, aos serios problemas do negocio familiar e á súa contraditoria vida sentimental súmaselle un acontecemento inesperado que vai complicar aínda máis a súa maltreita existencia.
Con Unha cervexa Chang, Manuel Portas explora mares narrativos
que nunca antes navegara, introducíndonos no mundo da investigación pseudodetectivesca, no do comercio ilegal dos tesouros perdidos, nunha trama en que nada é o que a priori pode parecer.

Ficha Técnica

Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491518433

Idioma: Gallego

Número de páginas: 220

Tiempo de lectura: 5h 11m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/05/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Número: 450
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 281.0 gr

Especificaciones del producto

Escrito por Manuel Portas

Manuel Portas (Barcelona, 1960) estreouse como narrador con Denso recendo a salgado (2010). Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), traducida para o italiano como Un dito macchiato d’inchiostro (2020), Faneca Brava (2013), Amor en alpargatas (2015), Lourenço, xograr (Premio García Barros, 2015), Por puntos (Premio Blanco Amor, 2019), Cadencias (2020) e Unha cervexa Chang (2022). Foi profesor de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Santiago, e colaborou en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas. Tamén se coñece polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta o seu traballo Língua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia da sociolingüística galega. Colaborador de prensa e radio, a súa dedicación á res pública levouno a participar na vida política e a formar parte do goberno municipal de Compostela durante dous mandatos.
Descubre más sobre Manuel Portas

Recibe novedades de Manuel Portas directamente en tu email

Reseñas sobre Unha cervexa Chang

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€