GALLEGO

Vidas e historias LGBT da Idade Media

(1)

¡Últimas unidades!
-5% de dto. exclusivo web
Envío gratis
Recíbelo el martes 18 de agosto.




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 18,95 €

Tiempo est. de lectura: 7h 13m

Sinopsis

Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea.
Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento na Península (entre Pedro Díaz e Munio Vandílaz, en 1061); o «amor» entre Sancha Pérez e Maria Leve na Compostela do século XIII; a existencia dun santoral LGBT arraigado na Galiza medieval (con figuras como Paio e Adaúlfo, e tamén co «santo atrevimento» trans de Esmerado ou Uxío); varios casos de modificacións de manuscritos para que non se vise neles textos gays ou lésbicos (por exemplo, unha cantiga de amiga entre dúas mulleres); o momento en que o cristianismo empurra un novo pecado sexual, inexistente nos seus mil primeiros anos de historia; o uso da homofobia como arma política por parte de Afonso o Sabio contra o casal que formaban o adiantado maior do reino de Galiza e o adiantado maior do reino de León...
Estas, e moitas máis, son vidas e historias que aínda hoxe nos apelan, que aínda hoxe nos explican.

Ficha Técnica

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411106085

Idioma: Gallego

Número de páginas: 304

Tiempo de lectura: 7h 13m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/01/2025

Año de edición: 2025

Plaza de edición: Es
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTORIA E XEOGRAFÍA
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 454.0 gr

Especificaciones del producto

Escrito por Carlos Callón

Carlos Callón (Ribeira, 1978). Profesor no instituto San Clemente de Santiago de Compostela, doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Recibiu, entre outros, os premios Vicente Risco de Ensaio e o da Crítica de Investigación. No ámbito lingüístico destacan os seus títulos «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez» (Xerais, 2012) e «O libro negro da lingua galega» (Xerais, 2022). O seu último poemario é «A abertura da boca» (2021). Na investigación LGBT, diplomouse cun traballo sobre o heterosexismo no campo literario (2003) e doutorouse cun estudo sobre as homosexualidades no trobadorismo (2017). Publicou a primeira antoloxía literaria LGBT galega, «Da sátira ao orgullo» (2003) e os ensaios «Amigos e sodomitas» (2012) e «Vidas e historias LGBT na Idade Media» (Xerais, 2025). Tamén en 2025 publicou «Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega» (Xerais, 2025). Promoveu roteiros, cursos e o documentario «Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no reino da Galiza medieval» (2024). É membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega.
Descubre más sobre Carlos Callón

Recibe novedades de Carlos Callón directamente en tu email

Reseñas sobre Vidas e historias LGBT da Idade Media

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

5

1 Reseña

5 1
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

1 reseña

l
laotse

| hace 1 año

Un libro muy bueno y muy formativo.


Los libros más vendidos de Estudios sociológicos