FEDERICO COCHO

FEDERICO COCHO

“Federico Cocho (Xinzo de Limia, 1958) licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e cursou o Diploma de Estudos Avanzados en Socioloxía na Universidade da Coruña (UDC). Logo dunha longa traxectoria como reporteiro e como informador político en distintos medios de comunicación galegos, traballa hoxe na reitoría da UDC e colabora como analista da actualidade na Radio Galega. Das súas reportaxes e investigacións sobre a cultura popular galega naceron os libros, O carnaval en Galicia (Xerais, 1990, 2008) e O Entroido galego (1998), e numerosos artigos e capítulos de libros en publicacións especializadas. Á súa faceta como cronista político pertence Cara a cara. Las elecciones de 1993 (1993), escrito co xornalista Luis Villamor. Tamén preparou unha descrición de Galicia e unha escolma de roteiros para a súa Guía práctica de Galicia (1996). Nos últimos anos centrou o seu labor investigador e divulgativo na Guerra Civil e na represión.

EBOOKS Y LIBROS PUBLICADOS POR FEDERICO COCHO

18.90€

18.90€

(Tapa blanda)

Pág. 1 de 1
  • 1

Los más vendidos