Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
Carnaval ou Entroido, que tanto ten. E tamén introido, antroido, entrudo, entrudio ou entroiro, segundo as zonas. Tempo que precede á Coresma no calendario tradicional. Festa da transgresión e da burla que é, tamén, purificación, parodia, rexoubeira representación do mundo. As súas raíces afondan na memoria máis antiga da nosa cultura e, malia escurantismos e prohibicións, rexorde ciclicamente ó longo da Historia cun pulo novo e sorprendente. Nunca estivo tan vivo o Señor Carnaval. ¿Cantos Entroidos hai? ¿De que xeitos ou con que pantallas distintas se presenta entre nós este rito antigo e sempre renovado que compartimos cunha boa parte da cultura de Occidente? Velaquí un rigoroso traballo de campo que ha de levar ó lector polas paisaxes máis insospeitadas da nosa xeografía. As máscaras da cultura rural, os Momos e os Mecos, os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, osrechamantes Xenerais da Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marafois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres... E tamén a rica tradición do Carnaval das vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... No rito antigo do Entroido danse a man a Galicia rural e a Galicia urbana, unidas ambas pola profunda significación da festa.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475074399
Idioma: Gallego
Número de páginas: 360
Tiempo de lectura: 8h 34m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/05/2001
Año de edición: 1992
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Universitaria
Universitaria
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por FEDERICO COCHO
Federico Cocho (Xinzo de Limia, 1958) licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e cursou o Diploma de Estudos Avanzados en Socioloxía na Universidade da Coruña (UDC). Logo dunha longa traxectoria como reporteiro e como informador político en distintos medios de comunicación galegos, traballa hoxe na reitoría da UDC e colabora como analista da actualidade na Radio Galega. Das súas reportaxes e investigacións sobre a cultura popular galega naceron os libros, O carnaval en Galicia (Xerais, 1990, 2008) e O Entroido galego (1998), e numerosos artigos e capítulos de libros en publicacións especializadas. Á súa faceta como cronista político pertence Cara a cara. Las elecciones de 1993 (1993), escrito co xornalista Luis Villamor. Tamén preparou unha descrición de Galicia e unha escolma de roteiros para a súa Guía práctica de Galicia (1996). Nos últimos anos centrou o seu labor investigador e divulgativo na Guerra Civil e na represión.