Lalín (Galiza), outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo deconvencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana paraque vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichadocoa propiedade.Asi comeza Acta de vitimas, novela sobre os abusos seudolegaisamparados polo franquismo, e recreacion dunha epoca terrible naque o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutispresions, as medias verdades susurradas, a tension ambiental permanente, conforman a contorna na que respiran dia a dia unha galeriade personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desdeo colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignacioncabal e os brotes illados de rebeldia. Pero, como o impulso de vivirsobreponse a todo, nestas paxinas hai tamen cabida para a tenrura, alembranza, o agarimo, o humor e os arroutos de dignidade mesmono contexto mais hostil e opresivo. A multitude de caracteres secundariosque poboan o relato complementan unha vision daquela Galiciadesapacible e gris, especialmente para as vitimas sen acta que asrecoñecera como tales.
Dos cento setenta artigos que contén a Lei de Dereito Civil de Galicia, setenta regulan institucións de carácter familiar e sucesorio, feito que dá idea da importancia que, nas relacións sociais e economicas de Galicia, teñen os asuntos relativos as herencias e as transmisions patrimoniais. Neste libro o notario Victorino Gutierrez Aller, experto en Dereito sucesorio galego, afonda na actual lexislacion para achegar luz esclarecedora na letra da Lei.