EPUB con DRM eBook
ACTA DE VÍTIMAS
-5% de dto. exclusivo web
Sinopsis
Lalín (Galiza), outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo de
convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para
que vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichado
coa propiedade.
Así comeza Acta de vítimas, novela sobre os abusos seudolegais
amparados polo franquismo, e recreación dunha época terrible na
que o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutís
presións, as medias verdades susurradas, a tensión ambiental permanente, conforman a contorna na que respiran día a día unha galería
de personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desde
o colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignación
cabal e os brotes illados de rebeldía. Pero, como o impulso de vivir
sobreponse a todo, nestas páxinas hai tamén cabida para a tenrura, a
lembranza, o agarimo, o humor… e os arroutos de dignidade mesmo
no contexto máis hostil e opresivo. A multitude de caracteres secundarios
que poboan o relato complementan unha visión daquela Galicia
desapacible e gris, especialmente para as vítimas sen acta que as
recoñecera como tales.

Léelo en cualquier dispositivo
Ficha Técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484873396
Idioma: Castellano
Fecha de lanzamiento: 07/11/2016
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Victorino Gutiérrez Aller directamente en tu email
Otras sagas o series que te pueden interesar
Reseñas sobre ACTA DE VÍTIMAS (EBOOK)
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
5 0
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".