map Librerías

Xesús Constela Doce


Xesús Constela (Ferrol, 1963) reside en Poio. Deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con «As humanas proporcións» (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. En 2007 publica a novela «Libro das alquimias» (2007). En 2008 gañou o Premio Manuel García Barros con «Shakespeare destilado» (2008), un monólogo humorístico sobre o proceso creativo que pon en dúbida a ficción tradicional e xoga coa tradición literaria de William Shakespeare. Na novela «15.724» (Xerais, 2012), que obtivo un grande éxito de crítica, presenta un xogo de voces narradoras que obrigan a reflexionar acerca de asuntos como a fronteira entre a cordura e a tolemia, a submisión ao poder ou a aplicación da pena de morte. En 2014 publicou «Apoteose das perchas», unha novela breve en clave de sátira, e posteriormente «A rotura das paisaxes» (Xerais, 2016), «Lisa deitada» (2018) e «O peso do cerebro» (Xerais, 2021). Foi colaborador do suplemento «Nordesía» do «Diario de Ferrol» entre os anos 2004 e 2009 e ten numerosos artigos publicados en xornais e revistas. Participou en varias obras colectivas: «Pontevedra, laranxeiras e limoeiros», «Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica», e en dous volumes da serie «Contos do sacaúntos» da Fundación Vicente Risco. Co título de «Como se fixo o pri-meiro alfabeto» (2008) publicou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. (Foto do autor: Jorge Fernández Seoane)
Recibe novedades de Xesús Constela Doce directamente en tu email
Del 1 al 11 de 11
15.724 (EBOOK)

XERAIS 9788499146409

Ver más ediciones

15.724

Edicións Xerais 9788499143637

Ver más ediciones

SHAKESPEARE DESTILADO

PULP 9788493857769

(1)


A ROTURA DAS PAISAXES

Edicións Xerais 9788499149899

Ver más ediciones

APOTEOSIS DE LAS PERCHAS

PULP 9788415992141


LISA DEITADA

EDICIONS EMBORA 9788416456901


A ROTURA DAS PAISAXES (EBOOK)

Edicións Xerais 9788499149936

Ver más ediciones

SHAKESPEARE DESTILADO, PREMIO GARCIA BARROS 2008

Editorial Galaxia, S.A. 9788498651348


AS HUMANAS PROPORCIONS

Editorial Galaxia, S.A. 9788482887210

Ver más ediciones

LIBRO DAS ALQUIMIAS

Editorial Galaxia, S.A. 9788498650259


AS HUMANAS PROPORCIONS (EBOOK)

GALAXIA 9788498655896

Ver más ediciones

Del 1 al 11 de 11