Valente e libre, non desistiu nin por un intre en manter a súa arte única e orixinal durante toda a súa vida. Constantemente na vangarda do seu tempo, no artístico, no social e ata no persoal, Maruja Mallo abriu un camiño que ninguén máis se atreveu a seguir. Mergullouse na corrente cultural do Madrid dos anos vinte e converteuse en parte activa da Xeración do 27 e no movemento das Sensombreiro. Foi fonte de inspiración de escritores, poetas e filósofos, e obxectivo de críticas que nin entendían a súa obra nin a valoraban polo feito de ser muller.
Puedes leer los eBooks directamente con nuestro visor online, accediendo a nuestra web desde tu móvil o tu ordenador, sin necesidad de descargar nada. Accede a tu área de usuario y empieza a leer.
eReader Vivlio Casa del Libro
Disfruta de la sensación de un libro físico, pero con las ventajas de un libro digital. Puedes comprar tu eReader Vivlio Casa del Libro aquí.
Empezar a utilizarlo es muy fácil, solo tienes que sincronizar la biblioteca con tu usuario y contraseña y a disfrutar de la lectura.
Otros eReaders
Puedes conectar tu eReader a tu ordenador y enviar libros al dispositivo utilizando Adobe Digital Editions.
- Adobe Digital Editions ya no es compatible con los eReaders Sony.
- Los eReaders de Amazon (Kindle) no son compatibles con Adobe Digital Editions, ya que solo permiten libros comprados en Amazon.
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora. Tamén é profesora de Matemáticas de ensino secundario e articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas, ademais de colaborar en varios programas de debate da «Radio Galega» e «Radio Voz». Desenvolveu o papel de "experta en letras" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG. Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega. É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druídas» (2014); «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015; «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016; «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017; «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón; «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021); «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024). Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023). Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares. Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.