GALLEGO

A dama da noite

-5% de dto. exclusivo web
Entrega aproximada el viernes 26 de junio.




Otros vendedores (nuevo y usado) desde 190,00 €

Tiempo est. de lectura: 3h 44m

Sinopsis

Os derradeiros momentos da vida dunha muller. As lembranzas agroman no leito entre a doenza, a febre e a dor. Comezan a desfilar, entón, os feitos relevantes da súa vida. Amores, desamores, pensamentos, libros, viaxes, soños... Lembranzas entrecortadas, nunha néboa que as vai enterrando no definitivo esquecemento... A través dunha obra de absoluta ficción que recrea a dramática loita entre a vida e a morte, a confusión entre o real e o soñado, así como as lembranzas, temores e aspiracións dun horizonte histórico nunha Compostela de soños liberais e románticos, de arelas esgazadas e rotas.

Ficha Técnica

Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484872412

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160

Tiempo de lectura: 3h 44m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/07/2014

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Ancho: 21.0 cm
Grueso: 14.0 cm

Especificaciones del producto

Escrito por Xavier Seoane

Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.
Descubre más sobre Xavier Seoane

Recibe novedades de Xavier Seoane directamente en tu email

Reseñas sobre A dama da noite

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€