COCIÑA DE LARPEIROS CON MANDIL
Estado: DE 2ª MANO (MUY BUENO)
Vendido por World Wide Books
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 190,00 €
Sinopsis
Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros". A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras.
Ficha Técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788498652383
Idioma: Gallego
Número de páginas: 176
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/11/2009
Año de edición: 2009
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Benigno Campos Melón directamente en tu email
Reseñas sobre COCIÑA DE LARPEIROS CON MANDIL
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€