Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
O xornalista Henrique Alvarellos Casas recolle neste volume cen prodixios de Galicia, cen singularidades, autoorgullos, descubrimentos, feitos históricos sobranceiros, manifestacións culturais ou monumentos naturais nos que destaca o noso país, algunhas veces xa dende o tempo anterior aos romanos. Unha das mellores citanias celtas, a maior concentración de petroglifos de Europa, a aldea prerromana mellor conservada do continente, a única muralla completa do imperio romano, o faro en funcionamento máis antigo do mundo, a comarca europea con maior concentración de templos e mosteiros románicos, a ruta cultural e turística máis antiga de Europa, o primeiro parque temático de Occidente, o acantilado máis alto do Atlántico norte, os mellores bosques de teixos e loureiros de Europa, os eucaliptos e castiñeiros máis altos do continente, os bosques de acivros máis extensos da península, a cidade onde máis horas chove de España, o arado máis longo do mundo, a siderurxia integral máis antiga de España, as casa máis estreitas de Europa, a cidade europea que máis medrou no século XX, o invento universal do futbolín, a primeira flota de baixura de España, o récord do mundo en control dun balón de fútbol. Un libro para coñecer e gozar da Galicia máis excepcional, para preservala, para coidala. Un libro para encherse dalgunhas das grandezas que posúe este país, unha beira atlántica no centro do mundo.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497822077
Idioma: Gallego
Número de páginas: 219
Tiempo de lectura: 5h 10m
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 08/11/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Henrique Alvarellos
Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é editor, xornalista e escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Comunicación pola Universidade da Coruña, dirixe Alvarellos Editora, a empresa que en 1977 fundara en Lugo seu pai. É autor dos libros Territorio auroral (1997), Teoría de Lugo (2004), Galicia en cen prodixios (Xerais 2004), Descubrir Lugo (2006) e Diario dun pai acabado de nacer (Xerais 2008). Como xornalista, traballou en varios medios de comunicación do país e mais en gabinetes de prensa, e leva publicados centos de artigos e crónicas.