eBook GALLEGO EPUB con DRM

A noite enriba

-5% de dto. exclusivo web

Léelo en cualquier dispositivo Descárgalo y empieza a leer ya






Tiempo est. de lectura: 3h 33m

Sinopsis

Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses. O apoio e os consellos do seu editor e de Vicente Malone, un vello mestre da literatura popular, outórganlle os azos suficientes para acometer un proxecto no que debe concentrar toda a súa potencia creativa, mais axiña comezan a xurdir as dificultades. Construída a través de múltiples elipses e saltos no tempo, A noite enriba preséntase como unha novela ateigada de homenaxes literarias que reflexiona sobre a propia actividade do escritor. Transita tamén, da man de policías corruptos ou traficantes de droga, por un orixinal itinerario narrativo que levará das rúas de Ourense á Filadelfia natal de David Goodis, cidade na que o atormentado protagonista desta historia tentará rematar a súa obra definitiva.
Afondando no seu estilo depurado de tramas cruzadas e economía narrativa, Ameixeiras homenaxea en A noite enriba os autores clásicos do xénero das décadas de 1930 e 1940. Unha excepcional novela negra na que se reflexiona sobre os límites do xénero e da súa modernización radical.
Chica leyendo en eReader

-15€ en eReader Vivlio Light Zen*

Este verano lee sin parar. Del 13 de julio al 2 de agosto llévate nuestro eReader Vivlio Light Zen por solo 94,99€ (-15 € de descuento).

Ver eReader

Léelo en cualquier dispositivo


Ficha Técnica

Editorial: Xerais

ISBN: 9788499149486

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152

Tiempo de lectura: 3h 33m

Fecha de lanzamiento: 12/11/2015

Año de edición: 2015

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Especificaciones del producto

Diego Ameixeiras

Escrito por Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976), escritor e xornalista. Escribe en «La Voz de Galicia». Publicou en Xerais todas as súas novelas: «Baixo mínimos» (2004); «O cidadán do mes» (2006); «Tres segundos de memoria», Premio Xerais de Novela (2006); «Dime algo sucio» (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; «Asasinato no Consello Nacional» (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; «Historias de Oregón» (2011), Premio de Novela por Entregas de «La Voz de Galicia»; «Todo OK» (2012); «Matarte lentamente» (2013); «Conduce rápido» (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; «A noite enriba» (2015), «A crueldade de abril» (2018); «O cervo e a sombra» (2021), Premio Nacional da Crítica, Premio Follas Novas, Premio Pata Negra-Domingo Villar e finalista do Premio Hammett; «Un anarquista» (2024), e «O derradeiro gimlet» (2026). Tamén é autor dos cómics «Os suicidantes» (2023), con Tomás Guerrero e «Oficio nocturno» (2026) con Fran Bueno.

Fotografía do autor: Sara Antelo
Descubre más sobre Diego Ameixeiras

Recibe novedades de Diego Ameixeiras directamente en tu email

Reseñas sobre A noite enriba

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los eBooks más vendidos de la semana

Ver más

*Descuento de 15 euros en el eReader Vivlio Light Zen, válido para pedidos realizados en casadellibro.com del 13 de julio al 2 de agosto y solo para los 300 primeros compradores, hasta fin de existencias.