AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

Por ELVIRA FIDALGO FRANCISCO

Sinopsis

As Cantigas de Santa María son o punto final dunha longa tradición literaria en loanza da Virxe María. Obra dun rei que tiña a súa disposición un obradoiro literario onde non faltaban medios, as Cantigas foron copiadas en ricos códices, onde cada texto vai acompañado da notación musical e de ricas imaxes. Desde este libro preténdese ofrecerlle ó lector unha visión o máis completa posible das Cantigas de Santa María, dado que nunca se chegou a elaborar un libro que abarcase os puntos básicos e esenciais para que o interesado pola literatura medieval galega puidera completar o coñecemento do panorama poético do noroeste peninsular co achegamento a un cancioneiro tan rico, completo e complexo. Este libro estudia os aspectos fundamentais para a comprensión de tan ambiciosa obra e a tal fin revísase a tradición literaria na que se encadra, levando a cabo unha análise do modelo arquitectónico que estructura os textos e un repaso ós problemas que presenta a súa edición, aínda non resoltos. Por primeira vez, ofrécese un estudio global das cantigas de loor que ata o de agora non chamaran a atención da crítica e descríbense dous modelos básicos ós que responde a factura destes textos particulares. Hai tamén un apartado para a música e outro para a iconografía, preprado pola medievalista Rocío Sánchez Ameijeiras, que por vez primeira se estudia con carácter xeral, destacando a importancia da miniatura alfonsina no panorama europeo da época

Especificaciones del producto

Reseñas sobre AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€