Un peixe no parqué
Sinopsis
A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada de ironía e humor, que trata das parellas que os sábados cean sushi diante da televisión; das pintadas máis insidiosas no váter da facultade; da xente que guinda preservativos dende os seus autos; do olor a naftalina na entreperna; dos camións que veñen de fronte pola estrada comarcal; da funcionalidade das casas prefabricadas; das clases medias e de Le Monde diplomatique; e, sobre todo, dos flashes dos teléfonos móbiles.
Un peixe no parqué é ficción cosida coa vida cotiá, que non esquece as contradicións, silencios e esgazamentos da condición humana; ficción na que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo dá no rostro e no corazón ao decatarnos de que todo cambia.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491215493
Idioma: Gallego
Número de páginas: 104
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 13/06/2019
Año de edición: 2019
Especificaciones del producto
Reseñas sobre Un peixe no parqué
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€