A COR DO CEO (INCLUYE CD-ROM)
Por Lino Braxe
Estado: DE 2ª MANO (MUY BUENO)
Vendido por Brand New Used Books
Sólo disponible de otros vendedores
Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 190,00 €
Federico García Lorca
Lorca, el escritor que cambió la literatura para siempre
A 90 años de su asesinato, la voz de Lorca sigue viva en una obra que continúa inspirando a nuevas generaciones. El estreno de La bola negra invita a redescubrir el legado de uno de los grandes nombres de nuestra literatura.
Ver másSinopsis
¡Isto é literatura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende a vidiña. Despois do �Avilésland�, do leal saúdo ao capitán indómito e soñador con que o autor comeza a travesía, a min só me queda retirarme a sotavento para prender a paipa deste tabaco de picadura excelente e deixarme levar na brétema braxiana, esa engaiolante atmosfera que nace do encontro da memoria do mar, da radiofonía secreta das estrelas e do bafo de saudade e liberdade dun extraordinario xenio humano. Lino Braxe é un tipo romántico. ¡Fóra toda convención! Romántico quere dicir aquí o que a voz popular entende por tal. Aquel que se entrega ao dictado do corazón, da paixón, do desinterese, da beleza, da tenra bravura, da entrega sen agardar compensación. Romántico é quen navega nos cumios da borrasca coa bandeira libertaria da súa ensoñación. Sen cinismo, sen finximento, sen cálculo. E así son estas historias. Un mapa interior, un mundo trepidamente, argallado de dentro cara a fóra. Aventuras cuspidas por unha melancolía activa, antirreumática, vitalista, que contaxia como un vento mareiro e redentor. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creación insólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. O caderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén. Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do pobo que elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición. Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltar as amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, do conformismo e do peirao das trapalladas prescindibles. Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman a forma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así son os relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz e inesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seu momento.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483024133
Número de páginas: 112
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/05/2001
Año de edición: 1999
Peso: 100.0 gr
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Lino Braxe directamente en tu email
Reseñas sobre A COR DO CEO (INCLUYE CD-ROM)
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
5 0
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
