Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido. Un libro coma unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida. Tic-Tac foi unha expresión de ansia e a anguria polo paso do tempo, a vida baixo o signo da desesperanza: Círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si. Círculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisíbeis de emocións profundas e perturbadoras. Para Suso de Toro "a forma de Círculo é a dunha serpe que morde o rabo, a serpe Uroboros dos alquimistas, o círculo. Quixen, como en Tic-Tac, resumir a existencia, só que nunha visión distinta. Alí quixen representar a vida como traxedia agónica, a vida cruel de dous modos, vivíndoa sen esperanza, desesperadamente. Aquel era libro moi masculino en moitos sensos. Aquí, pola contra, quixen que expresase outra visión da vida máis reconciliada e que xa veño intentando expresar nas últimas novelas, unha vida na que reina a morte e sen embargo non é desesperada. Unha vida vivida desde o aceptamento da morte, sempre terríbel; o aceptamento do terríbel. E tamén, por así dicir, unha vida enteira e plena, e por iso me acollín a esa visión mítica que me dá a laquimia, "a Gaya Ciencia", do mundo como un todo circular formado polos catro elementos: lume, aire, auga e terra. Que xa vén da sabedoría presocrática. O que é certo é que establece unha relación con Tic-Tac e que quere expresar unha actitude e unha comprensión da vida distinta. E que está feito de soño e de afán de verdade".Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido. Un libro coma unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida. Tic-Tac foi unha expresión de ansia e a anguria polo paso do tempo, a vida baixo o signo da desesperanza: Círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si. Círculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisíbeis de emocións profundas e perturbadoras. Para Suso de Toro "a forma de Círculo é a dunha serpe que morde o rabo, a serpe Uroboros dos alquimistas, o círculo. Quixen, como en Tic-Tac, resumir a existencia, só que nunha visión distinta. Alí quixen representar a vida como traxedia agónica, a vida cruel de dous modos, vivíndoa sen esperanza, desesperadamente. Aquel era libro moi masculino en moitos sensos. Aquí, pola contra, quixen que expresase outra visión da vida máis reconciliada e que xa veño intentando expresar nas últimas novelas, unha vida na que reina a morte e sen embargo non é desesperada. Unha vida vivida desde o aceptamento da morte, sempre terríbel; o aceptamento do terríbel. E tamén, por así dicir, unha vida enteira e plena, e por iso me acollín a esa visión mítica que me dá a laquimia, "a Gaya Ciencia", do mundo como un todo circular formado polos catro elementos: lume, aire, auga e terra. Que xa vén da sabedoría presocrática. O que é certo é que establece unha relación con Tic-Tac e que quere expresar unha actitude e unha comprensión da vida distinta. E que está feito de soño e de afán de verdade".
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483023174
Idioma: Gallego
Número de páginas: 240
Tiempo de lectura: 5h 40m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 03/12/1998
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 377.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.