Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. Destilación de vida en estado puro.A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Achegarse a estas páxinas cheas de coraxe, enchidas de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida María Victoria Moreno.A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. Destilación de vida en estado puro.A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Achegarse a estas páxinas cheas de coraxe, enchidas de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida María Victoria Moreno.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497822336
Idioma: Gallego
Número de páginas: 128
Tiempo de lectura: 2h 58m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/01/2018
Año de edición: 2018
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memorias
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memorias
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 210.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por María Victoria Moreno
María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara 1941- Pontevedra 2005) foi licenciada en Filoloxía Románica e Catedrática de Bacharelato de lingua e literatura españolas nun instituto de Pontevedra. Escritora, conferenciante e tradu-tora, impartiu numerosos cursos de lingua galega e preparou textos didácticos. Considerada como unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, publicou o seu primeiro libro, Mar adiante, en 1973, recuperado por Xerais en 2009. Dende entón publicou títulos tan importantes como Leonardo e os fontaneiros (1986), primeira novela realista da literatura infantil en galego; Anagnórise (1988), novela incluída na Lista de Honra do IBBY 1990 e traducida a varias linguas; ou Guedellas de seda e liño (1991), novela pola que obtivo o premio White Ravens 2002 e unha mención especial dos Premios da Crítica Galicia 2000 no eido da Creación Literaria; e Eu conto, ti cantas... (Xerais 2005). Recolleu a súa experiencia como enferma de cancro de mama en Diario da luz e a sombra (Xerais 2004). A súa obra poética, editada postumamente, está recollida no libro Elexías de luz (Xerais 2006).