O corazón do negror
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 13,30 €
Sinopsis
Ilustración de cuberta de MARC TAEGER
Marlow, un veterano mariñeiro inglés, recibe a encarga de ir á procura de Kurtz, un tratante de almafí perdido no corazón da selva africana. O encontro con el será a confirmación da farsante actitude colonialista, poñendo en tea de xuízo o seu caracter de cruzada moral e comercial. Estamos no Congo belga, en plena colonización europea, e Marlow relátanos como remonta o río Congo nun barco vello, rodeado de perigos, internándose nun continente virxe e obxecto de rapiña. Marlow obsesiónase con aquel home, desaparecido no remoto. Mais, quen é Kurtz?
“O corazón do negror” é unha narración autobiográfica; a crónica dunha viaxe física e psicolóxica ao interior da irracionalidade humana, inspirada nos seis meses que Conrad pasou no Congo colonizado e devastado polo rei Lepoldo II de Bélxica. O autor móstranos sen maquillaxe a corrupción e o horror. O máis célebre relato curto de Joseph Conrad, convertido en libro de culto, foi escrito en 1899 e publicouse en 1902. Converteuse axiña nunha novela imprescindible, que amosa a hipocrisía colonialista, a escuridade do ser humano, e que cuestiona a civilización occidental.
A obra inspiroulle a Francis Ford Coppola unha das súas grandes obras cinematográficas, “Apocalypse Now”. Aínda que está ambientada na guerra de Vietnam, con Marlon Brando interpretando o papel de Kurtz, a película mantiña o espírito do relato de Conrad.
Ficha Técnica
Editorial: Faktoría K de Libros
ISBN: 9788496957626
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 27/03/2009
Año de edición: 2009
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Joseph Conrad directamente en tu email
Reseñas sobre O corazón do negror
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€