GALLEGO
O QUE BEN CHE QUER (GALLEGO)
Estado: DE 2ª MANO (MUY BUENO)
Vendido por Brand New Used Books
Sólo disponible de otros vendedores
Este libro se encuentra agotado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 190,00 €
Recomendado
Una casa monstruosa
¿Buscas una casa terrorífica? Ya seas vampiro, bruja o momia, levanta las tapas para encontrar la casa de tus insomnios.
Ver másSinopsis
Unha mañá do mes de maio de hai moitos anos coouse por debaixo da porta un airiño que recendía a rosas. O ar, que viña cantando, traía no colo unha nena acabada de nacer, a filla de María Luísa e mais de Xosé María, o seu home, e o escritor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2008. Tanta graza lles fixeron aos pais, as cores da cara da meniña: o louro do cabelo, o azul intenso dos ollos, por non falar daquelas fazulas vermellas, que lle puxeron de nome Colorín. Alén diso, Xosé María escribiu unha serie de poemas para ela, que OQO Editora acaba de publicar nunha edición moi especial, con ilustracións da filla do poeta, a artista Berta Cáccamo.
O que ben che quer, confórmano por unha parte, algunhas desas composicións que o autor escribira para a súa filla Colorín e que ficaran inéditas, xunto con outros poemas, xa incluídos por Álvarez Blázquez no seu poemario Roseira do teu mencer.
Con este volume, Berta Cáccamo homenaxea o labor poético do seu pai, por medio do seu imaxinario plástico, con creacións en acuarela, abstraccións en trazos delicados. Deste xeito, a artista viguesa que pon ao servizo da palabra poética, as cores do seu pincel, ofrécenos neste volume unha obra depurada e suxestiva, sinxela mais cunha gran forza expresiva.
Pola súa banda, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, outro dos fillos do autor das Letras Galegas 2008, agasállanos cun prólogo que nos introduce no universo poético de rimas e xogos, que celebran o nacemento da vida.
Ficha Técnica
Ilustrador: Berta Caccamo
Editorial: Oqo Editora
ISBN: 9788498710304
Idioma: Gallego
Edad recomendada: 5 a 6 años
Número de páginas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 21/02/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Es
Colección:
colección Q
colección Q
Alto: 20.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Xosé María Álvarez Blázquez directamente en tu email
Reseñas sobre O QUE BEN CHE QUER (GALLEGO)
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
5 0
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
Los libros más vendidos de Álbumes ilustrados