Roi sobreviviu a un accidente horrible. A memoria quedoulle sepultada nun aeroporto de París. De regreso a Galicia debe lembrar quen é, confiar no pasado que lle describen. A súa muller, Beatriz, axúdalle a recompoñer ese tempo, aínda sendo difícil. Roi négase a esquecer o desagradable. Asume que o seu concesionario de coches está na ruína e que ten unha amante, Helena, á que prometeu máis paraísos dos que está disposto a visitar. Andados os días, acepta que volver ser Roi foi un erro irreparable, pero o amor ha axudalo a soportar cada día ata o anoitecer. O amor: ese placebo, esa bonita rúa sen saída.
Tres historias que exploran la intimidad, la memoria y las sombras que nos habitan
Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.