Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamental no conxunto das obras teatrais da época. Nela cómpre salientar dous elementos fundamentais: conforma, por unha banda, unha mostra do traballo artístico que se facía en plena ditadura franquista desde unha perspectiva rehabilitadora nun contexto ofegante para as nosas letras e, pola outra, sobrancéase a calidade inherente a da obra, que a converte nun texto de enorme interese.Vinte mil pesos crime, a mellor obra dramática de Bernardino Graña, conxuga o reflexo dunha sociedade pechada cara ao exterior cunha cosmovisión raiana ao nihilismo, empregando técnicas homologables ao contexto teatral europeo da época. A presente edición, preparada por Heitor Mera, vai precedida dun amplo estudo biográfico sobre o autor e sobre o contexto do teatro galego da época.Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamental no conxunto das obras teatrais da época. Nela cómpre salientar dous elementos fundamentais: conforma, por unha banda, unha mostra do traballo artístico que se facía en plena ditadura franquista desde unha perspectiva rehabilitadora nun contexto ofegante para as nosas letras e, pola outra, sobrancéase a calidade inherente a da obra, que a converte nun texto de enorme interese.Vinte mil pesos crime, a mellor obra dramática de Bernardino Graña, conxuga o reflexo dunha sociedade pechada cara ao exterior cunha cosmovisión raiana ao nihilismo, empregando técnicas homologables ao contexto teatral europeo da época. A presente edición, preparada por Heitor Mera, vai precedida dun amplo estudo biográfico sobre o autor e sobre o contexto do teatro galego da época.
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497823029
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Tiempo de lectura: 3h 21m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/04/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 161.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Bernardino Graña
Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que é socio de honra dende 1986. Membro da Real Academia Galega, publicou unha extensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil. Como poeta publicou: "Poema do home que quixo vivir" (1958); "Profecía do mar" (1966, Xerais 1995); "Non vexo Vigo nin Cangas" (1975); "Se o noso amor e os peixes" (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; "Sima-Cima do voar tolo" (1984); "Himno verde" (1992); "Ardentía. Obra poética completa" (1995); "As Cantigas de Santa María" (Xerais 1996); "Luz de novembro" (1997); "Acendede as almenaras" (Xerais 2008) e "Ser auga, darse en auga" (2011). No ámbito do teatro: "Vinte mil pesos crime" (1962, Xerais 2005), "Sinfarín contra don Perfeuto" (1975) e "Os burros que comen ouro nunca cabalos serán" (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979). Como narrador publicou o libro de relatos "Fins do mundo" (1974, Xerais 1989) e as novelas "Protoevanxeo do neto de Herodes" (Xerais 2006), II Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa, "Carmela e os ladróns" (2010), "¡Medre o mar!" (2013), "A fuga a Exipto" (2016) e "O neno mariñeiro" (Xerais 2017). Publicou en Xerais as seguintes obras de literatura infantil: "O león e o paxaro rebelde" (1969), "Xan Guindán, capitán" (1991), "Oso mimoso" (1992), "O gaiteiro e o Rato Pérez" (1994), Premio Merlín 1993, "Cristo e San Pedro, peregrinos" (1994), "Rata linda de Compostela" (1994, 2009) e "O Quirico lambón" (1997). En 2005 Xerais publicouse, na colección Crónica "Conversas con Bernardino Graña", de Rafael Fernández e Héitor Mera.